Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un outono cultural

jueves, 29 de noviembre de 2018
Estamos a vivir un tempo ateigado de actividades creativas en moitos dos nosos recantos chairegos, iniciativas culturais de colectivos que non perden oportunidade para dar pulo aos sinais que definen o Noso, contaxiando deste fervor ás veciñanzas. Xusto fai hoxe dez días non puidemos descoidarnos si quixemos participar dalgunha delas, e ás doce brincábamos de emoción ao son da gaita e do pandeiro recoñecendo a un dos nosos músicos máis sobranceiros, Raul Galego.

Xermolos e a Irmandade Manuel María celebraban a súa arte nomeándoo “Chairego de Honra”, á par que o IESCHA en colaboración co Consello da Cultura Galega festexaba o centenario das Irmandades da Fala na persoa do vilalbés Lois Peña Novo, e participando ao día seguinte as tres asociacións na conmemoración dos cen outonos da I Asemblea Nacionalista en Lugo.

No mesmo sábado no que Marica Campo, tamén Chairega de Honra, lembraba as súas raíces galeguistas que xermolaron na Terra Chá, onde desenvolveu o seu ensino, recitando na Fundación Manuel María, en Outeiro de Rei. Xa no serán viaxamos a Meira convocados pola asociación “M de Meira” para homenaxear a Xosé da Flor no seu primeiro cabodano, formando ducias de mozas e mozos unha coroa de amizade arredor deste líder e axente cultural do noso país, cun formato diferente fomos transmitindo as nosas sensacións nun álbum da memoria. Partillamos o noso agradecemento nun ágape no que fomos debullando en grupos a estela de luz que nos deixou o compañeiro e que nos sigue alumeando.

Dende Xermolos prometemos que íamos dar corpo aos soños do amigo, así animando a todas as asociacións da Chaira a unirnos en obxectivos comúns, dando alento ás FEAS, á Federación de Asociación da Terra Chá, que estamos a organizarnos para visibilizar esta fervenza creativa, unha vaga cultural que supera as lindes da nosa comarca e así tamén nestes días o Teatro Trécola de Pol divertía distintos auditorios de Lugo e doutras poboacións, mostrando a diversidade creativa que está a abrollar na Cha.

E aguilloados pola lúa de outono fomos debullando a nova criatura daqueles días, o libro “No perfil das verbas” que íamos presentar en Compostela, dos creadores María Guerrero e Mero Iglesias de Vilalba, a “dona da Chaira".
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES