Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos limitados

jueves, 29 de noviembre de 2018
Hoxe en día non resulta extraño oir falar de teléfonos intelixentes, coches intelixentes, robots intelixentes…
Paréceme que hoxe en día chamamos intelixencia a calquera cousa que se sae do que coñecemos de toda a vida.

A palabra intelixencia ten varias acepcións:
-Capacidade de escoller entre varios.
-Flexibilidade para aprender a utiliza-lo que se aprende para adaptarse a novas situacións e resolver novos problemas.
Non hai un concepto claro do que é intelixencia, é un concepto abstracto, moi subxectivo.

Un teléfono, un coche, un robot “intelixente” non elixe: obedece a uns parámetros que se lle marcaron previamente.
Non ten flexibilidade para adaptarse a novas situacións nin para aprender novos camiños.
Un teléfono, un coche, un robot…son ferramentas programa-das para facilitarnos a vida e debemos aproveitarnos delas.

DO QUE SI ESTOU CONVENCIDA É DE QUE O SER MÁIS INTELIXENTE DA CREACIÓN É O SER HUMANO.
O ser humano ten unhas capacidades que nin el mesmo descobre ó longo da vida.
De feito os científicos de máis talla, non usan toda a súa capacidade intelectual:
-Os científicos non saben todo, os científicos tamén se equivocan, os científicos tamén fracasan en algún ou varios aspectos da vida.
Aínda sí, penso que debemos estas agradecidos ás persoas que coa súa entraga ó estudio, fan posibles estes adiantos.


¿Cómo non?
Dar grazas á Intelixencia Infinita que crea seres humanos dotados de altas capacidades.

Con todo eso e moito máis; os seres humanos somos limitados.
Fallamos moito máis do que nos imaxinamos, precisamente porque non alcanzamos a ver ata onde podemos chegar.

¿Por que pasan estas cousas ós seres superiores da creación?
Porque todos somos limitados, todos temos uns límites, todos temos moitos máis límites dos que nos imaxinamos.

Na etapa infantil, os estudiantes pensan que poden chegar ata onde queiran.
É aconsellable que se sintan estimulados para dar o mellor de si; pero…
Andando o tempo comproban que non poden chegar a onde queren, que a vida vailles poñendo obstáculos, que non é ouro todo o que reloce…

Moitos adultos, vense frustrados porque os seu pupilos non chegaron ata onde desexaban, porque non poden levar a vida que desexarían, porque desperdiciaron oportunidades na súa xuventude...

Outros tantos anciáns séntense desampararados ou indebidamente atendidos na súa etapa final:
-Porque os descendentes teñen outras prioridades.
-Porque están reñidos cos xenros, cas noras, cos consogros...
-Porque están lonxe.
-Porque non poden deixa-lo traballo.
-Porque teñen abondo coa súa vida…
-Porque os anciáns tamén teñen as súas rarezas…

En fin…
Moitas veces pensamos que facemos o que debemos facer e estamos equivocados.
Moitas veces decatámonos de que nos equivocamos, pero xa nan hai remedio.

Miña nai dicía:
“CUANDO EL JUICIO HA VENIDO, EL TIEMPO SE HA IDO”
Por eso debemos concluír que ir de sabios e entendidos polo mundo é todo vaidade.
VAIDADE DE VAIDADE di a Sagrada Escritura.
E ten moita razón.

Debemos baixarnos do pedestal:
“BAIXARNOS DA PEAÑA”
Este será o título do seguinte artigo.

Pola parte que me corresponde, hoxe atrevinme a escribir este artigo vendo os límites doutras persoas e os meus tamén.
Pero, sendo como son, teño que convivir cos meus límites e seguir….
¡Que remedio!
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES