Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da mesma carne

miércoles, 28 de noviembre de 2018
Hai moitísimo tempo que o ser humano de ámbolos dous sexos foi creado polas mesmas Mans: feito coa mesma masa, coa mesma carne, coa mesma alma e co mesmo alento de vida.

E segue sendo así: no momento da concepción recibimos a mesma carne, a mesma alma e o mesmo alento de vida en idénticas condicións tanto os futuros homes como as futuras mulleres.

O único que nos diferencia é o sexo para gozar del, complementarnos e perpetua-la especie.

POLO TANTO CONCLUÍMOS QUE: AS MULLERES E OS HOMES, ESTAMOS FEITOS DA MESMA CARNE.

Pero aínda hai quen pensa que os homes naceron para ser os donos de todo canto hai, incluidas as mulleres.

Aínda hai homes que pensan que as mulleres teñen que estar sometidas en todo a eles.

Tamén hai quen pensa que esto da violencia machista se xustifica porque, últimamente, hai mulleres revolucionarias, mulleres que non teñen aguante, mulleres que se sairon do carril...

Desgraciadamente, A VIOLENCIA MACHISTA É UNHA REALIDADE QUE SUFRIRON E QUE SOFREN HOXE EN DÍA TAMÉN, moitas mulleres, dentro do matrimonio e fóra del.

Recentemente están saíndo a luz datos escalofriantes que falan de que son, precisamente, AS MULLERES MAIORES DE SESENTA E CINCO ANOS, AS QUE DEIXAN SUFRIDO MÁIS ESTES MALTRATOS.

Maltratos que quedaban de portas a dentro:
-Porque estaba mal visto que unha muller deixara quedar mal ó cabeza de familia, aínda que este fora un descerebrado.
-Ou porque non tiñan acceso á formación e resultáballes moi difícil defendérense dignamente.
-Ou por amor ós seus fillos.
-Ou por garda-las apariencias.
-Ou por non desprestixiar á familia e por non dar que dicir ó mundo.
-Ou por sentírense ameazadas polos propios maltratadores e por mil razóns máis que darían para escribir unha enciclopedia.

¿POR QUÉ EXISTE A VIOLENCIA MACHISTA?
-Porque eses “homes” consideran ás mulleres como algo da súa propiedade e pensan que poden facer delas o que queiran.
-Porque non saben valorar á muller nin como persoa, nin como esposa, nin como irmá, nin como nai dos seus fillos.
-Porque tampouco respectan á súa propia nai nin ás súas propias fillas.
-Quizais porque o mamaron na súa propia infancia.
-Ou tal vez porque socialmente non estea tan penado como debera.

SEXAN CALES SEXAN AS CAUSAS, NADA XUSTIFICA PRIVAR DA VIDA A NINGUÉN.

A vida regálasenos no momento da concepción e todos temos dereito a gozar dela.
Ningún machista está autorizado para quita-la vida da muller coa que libremente decidiu convivir.

A veces pasa esto porque: A MOITAS PERSOAS FÁTALLES MADUREZ PARA FORMAR UNHA FAMILIA.

Parece lóxico que un día ou outro teñan que romper; pero é moi diferente poñer terra por medio que asasinar.
Certo tamén que, cando estes casos se dan, o sufrimento non é só para a muller; aínda que a ela lle toque a peor parte.
Os homes maltratadores tamén sufren e o resto da familia e a sociedade, tamén.

É MAL PARA TODOS, POR ESO A SOCIEDADE ESTÁ ENFERMA.

Pero a maioría dos homes son santos varóns e algúns moi sufridos; igual que a maoiría das mulleres.
Homes e mulleres moi dignos de respecto e admiración porque saben ocupar o seu lugar como noivos, como compañeiros, como esposos, como pais e nais de familia e como membros vivos da sociedade.

GRAZAS A ESTE NUTRIDO GRUPO DE MULLERES E HOMES, QUE SABE OCUPAR O LUGAR QUE LLE CORRESPONDE, A SOCIEDADE VAISE MANTENDO EN PÉ.

Pero… Se hoxe nos reunimos en Momán, un nutrido grupo do alumnado da UNED Sénior; É PORQUE TEMOS CONCIENCIA DESTE GRAVE PROBLEMA E QUEREMOS DEIXAR CONSTANCIA DE QUE ESTES FEITOS DEBEN ERRADICARSE A BASE DE BOA EDUCACIÓN:
-Desde a familia: en primeirísimo lugar.
-Desde a escola: como prolongación da familia.
-E desde a sociedade en xeral.

E os Poderes Públicos, TANTO OS CIVÍS COMO OS ECLESIÁSTICOS, tamén teñen moito que aportar.

Entre todos, faremos un mundo no que a convivencia entre ámbolos sexos sexa motivo de gozo, de realización persoal, de prolongación da especie e de benestar para todos.

Mercedes Cachaza Platas é Alumna da UNED Sénior.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES