Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As 'marxinadas' das marxinadas

miércoles, 28 de noviembre de 2018
Vimos de celebrar, un ano máis, o “Día internacional contra a violencia de xénero” con múltiples actos e declaracións de todo tipo. Algo está a fallar cando o número de vítimas non descende. Hai normativas, pero as medidas que se toman non parecen ser moi efectivas. É necesaria unha reflexión profunda.
As 'marxinadas' das marxinadas
De todos é sabido que as mulleres son máis vulnerables aos abusos e malos tratos que os homes. Pero no caso das mulleres con diversidade funcional os estudios demostran que son vítimas nunha escala moito maior, unha de cada tres. A situación de invisibilidade é aínda máis acusada e a vulneración da súa faceta privada convértese en algo habitual. As porcentaxes son alarmantes e moitas veces queda fóra da investigación a violencia exercida en ambientes privados como familiares, persoal sanitario, coidadores… No segundo Congreso Europeo sobre Vida Independente presentáronse datos dunha enquisa realmente desalentadores. Por outra banda, os titulares de prensa son demoledores acentuando sempre a discapacidade.

Son “marxinadas” entre as marxinadas e quedan relegadas das políticas encamiñadas a promover a igualdade. Non encaixan nas expectativas que se atribúen ao xénero feminino. Tampouco nuns supostos “patróns de normalidade” que nunca existiron nin existirán. A diversidade funcional non se asocia ao concepto de violencia de xénero. Non se aborda habitualmente nos foros feministas nin aparece reflexada, ou moi pouco, nas estatísticas publicadas. Aínda persiste unha resistencia a considerar ás mulleres con diversidade funcional como vítimas potenciais.

Ademais nas actuacións dirixidas ao conxunto de persoas con diversidade funcional case non se ten en conta a igualdade de xénero. Só existe o grupo homoxéneo dos diferentes. As mulleres viven a súa exclusión no medio dos excluídos. O enfoque de atención vén desde uns servizos sociais que só consideran situacións marxinais que leva asociada a discapacidade sen ter en conta a dimensión de muller. Esta dobre discriminación fainas facilmente manipulables e máis proclives a sufrir violencia e maltrato. A falta de traballo e a baixa autoestima fan que eviten denunciar por medo a perder a asistencia ou a ser incapacitadas. A todo isto temos que engadir maiores dificultades para acceder aos recursos. Casas de acollida que non sempre son accesibles e teñen ademais un apartado en letra pequena que esixe ser totalmente independente.

O colectivo das mulleres con diversidade funcional apenas ten presencia nas reivindicacións do movemento feminista. O seu reto é buscar espazos de loita compartidos con outras mulleres para que os dereitos vulnerados e eclipsados polo físico non queden invisibles e socialmente silenciados.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES