Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Natureza Galega

miércoles, 28 de noviembre de 2018
Cada agulla do piñeiro,
cada canto dun paspallás,
son sagrados para Galicia.

A chaira e as montañas,
as rías e o grande Miño,
son a alma da miña terra.
Natureza Galega
Cada lar,
cada muller fermosa,
son tesouros do pobo.

As choivas e a brétema,
as ondas e o mar,
son ledicia, son vida.

Cada emigrante,
cada morriña,
son amados por un galego.

Aldeas e pobos,
as cántigas dos vellos,
son recunchos senlleiros, son Galicia.
Natureza Galega
Cada gota de viño,
cada son dos gaiteiros,
son os nosos embaixadores.

Vén e vive, vén e escoita o noso son,
vinde e non esqueceredes,
vén, vinde, volveredes.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES