Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xunqueira, val das flores

lunes, 26 de noviembre de 2018
Se algún barrio se librara en Viveiro da especulación inmobiliaria e se mantiña fermoso, ise era Xunqueira. Ó carón do mosteiro de Valdeflores e cun río que parecía sacado dun belén, acougaba nunhas casiñas homildes, sen pretensiós, con isa fermosura das cousas sinxelas, e un beleza de hortas e carreiros que nos recordaban o verdaeiro orixen do Pobo e ise mundo perdido no asfalto e na gran cidade. ¡Qué fermosos me resultaron os últimos paseos e o contacto con veciños que levaba tempo sen ver.
¡
Xunqueira, días pasados foi arrasada por unha riada da que tendo culpa o tempo, tamén tén outros culpables. E, despois de informarme, saquei a conclusión siguiente: Chover, choveu moito e iso, parece ser, debido a unha conxunción de fenómenos atmósfericos que aínda non é doado predecir. Ata aí podémolo entender.

O que non poido crer é que Augas de Galicia, exemplo de organismo ó servicio da Xunta onde prima máis combatir o enemigo político que solucionar os problemas, poidera dar en setembro por limpo de maleza o cauce cando ise ramaxe e outras axudas foron os causantes das desgracias. Tristemente con unha señora víctima de ista desidia. ¡Qué Deus a acolla no seu seo!

Todos sabemos que a xente da Xunta, concretamente o señor das fotos, Delegado da Mesma na Mariña, culpou ó Concello, non faltaría máis, da falta de mantImento, cando todos sabemos tamén que iles se meten en todo cando lles convén. E expricome: Fai relativamente pouco tempo, o Concello solicitoulles permiso para adecentar o Río do foles- ¿Por certo onde desemboca, nun bar?- e negáronlle o permiso. E está no Casco urbán igoal que o de Xunqueira. Isa é a política vosa, persoal da Xunta. Cóllese antes a un mentireiro…

Pero a máis cómpre dicirlles a isas autoridades-ía escribir señores- que os ríos baixan dos montes e os montes teñen moitas veces maleza, máxime se hai cortas de árbores e se deixan sen recoller os garamallos. Sei tamén que algúns veciños, en afán de curarse en saude destas riadas, foron sancionados polas autoridades da Xunta por meterse en competencias da súa obriga. O can do hortelán: nin fan nin deixan.

As riadas no Casco tamén teñen moito que ver con isas obrigas e mais dunha vez tiveron a súa orixe no mesmo mal. Certo é que os problemas no Casco teñen outras circunstancias como a falta de canalización e, sobre todo, a saída o mar facendo edificios que impiden o desaugue.

Vou aproveitar a ocasión, porque o tema dos ríos en Viveiro é de cine surrealista, para preguntarlle aos ínclitos da Xunta ¿onde vai o río Cantarrana?- xa que tanto fala algún do Parque- e a protección medioambiental. Dígollelo eu :construiron enriba e… ó carallo.

Ó mellor cóntanolo Feijoo cando veña ó Teatro dar o mitin de campaña. ¡ Mamaiña, se ise é o sucesor de Casado!

Amigos de Xunqueira, que haxa sorte, que se amañe todo o mellor posible. Non vos paredes estoicamente e exicide reparacións- a morte da señora non debe ser esquecida nin pode ser reparada, pero seguramente ten responsables- e denunciar a quen sexa preciso para que reparen as perdas e volvamos a vervos ledos e orgullosos vivindo no barrio, ao meu gosto, máis fermoso de Viveiro. E seguide ollo avizor, que xa sabedes que hai moito paxaro rondando o voso enclave.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES