Por fin rematou a Fin de Semana Negra! Si, porque do Venres Negro xa pasamos a varios dÃas... negros. Empezamos a desbarrar en todo. Os luminosos do Nadal xa se adiantan un mes. Do Halloween ou SamaÃn empezamos a sacar pólvora, pólvora mollada pero pólvora. Os dÃas de consumismo a vurullóns avanzan de tal maneira nos calendarios que está chegando o momento en que non te deixan respirar: dÃa do pai, dÃa da nai, dÃa dos namorados, dÃa dos Reis, dÃa do Papá Noel. A esta marcha aparecerá o dÃa dos crucificados. Porque crucificados estamos quedando con tanto gasto superfluo e inútil.
O do Venres Negro, a maiores do estrago consumista, é de auténtica incultura castelá. Non chegaba con que nos meteran polos ollos o histerismo dos descontos, que nos recalcan unha e outra vez que se chama Black Friday. Hai que recoñecer que somos parviños de verdade. A prensa, moito máis. Porque nós ó ver escrito Black Friday, lemos Black Friday. Se escribiran Venres Negro, leriamos Venres Negro. Hai que recordarlles a eses listiños que Black Friday ten tradución. Ata o sei eu, co meu pobre inglés dos anos setenta.
Un rapaz de Ames quere traballar para poder ir de excursión a Londres. E para iso fixo un cartel ofrecéndose para a realización de diversos traballos. A todo o mundo lle emocionou a iniciativa do cativo. Pero sempre hai algúns que lles buscan as reviravoltas ós desexos do rapaz e deixan caer comentarios sobre un posible caso de explotación infantil. Para min, o detalle está no da explotación infantil.
FÃxome graza. Porque explotación infantil era a que habÃa antigamente; que saÃas da escola e liscabas coma un foguete para a leira a sachar no miño ou nas patacas ou cargar feixes de ferraia. Pois aÃnda asÃ, eramos felices. Naqueles cinco minutos que saÃas a xogar á aira non se che daba por pensar para nada en que viviamos coma escravos.
Era unha escravitude bonita. Todo se está pasando un pouco de contexto. O que acontece, por exemplo, cun simple azoute nun cativo. É certo que non se deberÃa levar a cabo, pero tamén é verdade que cun azoute, ás veces, apréndese moito. Non sexamos tan samaritanos. Porque o neno de Ames recolla unhas follas ou pasee a un can, non vexo eu tal asunto como explotación. En tal caso, como vivencia útil.