Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 23 de noviembre de 2018
Foto para o pasmo

Cando os días de outono están claros, entre as sete e media e as oito menos cuarto da mañá, tanto Alán como un servidor vemos tal espectáculo sobre o ceo da Pingas de Orballoserra de San Mamede que nos nos queda outra que falar del. E falamos sobre os ronseis que deixan os avións por entre o azul do ceo. Co paso do tempo deberon aumentar as viaxes das liñas aeronáuticas porque eu, durante os máis de 20 anos que levo circulando pola estrada de Paderne de Allariz e chegando á altura de A Piúca, sempre vía, como moito, tres ou catro avións cruzando, fendendo o ceo da contorna. Digo que deberon aumentar as viaxes porque o fillo e eu chegamos a ver ata nove aeronaves que deixaban un auténtico espectáculo de camiños ou de estradas de condensación. Unhas cruzándose coas outras. Unhas paralelas ás outras. Unhas tan achegados ás outras. Así todas esas mañás claras de outono. Certo que nove ronseis xuntos só vimos unha mañá. As demais: sete, oito; o dobre de hai uns anos, cando eu viaxaba só camiño do traballo. Subindo cara á A Piúca xa se empezan a ver as primeiras pistas, pero é ó chegar ó alto desta aldea cando xa o espazo se abre e asoman todos os ronseis, deixando unha foto para o pasmo e para o recordo.

Correr ás cegas

Corro por entre a xente para escapar. Non sei de que escapo, pero teño que correr. Non creo que escape do jazz de John Coltrane, mais vexo como sorteo á xente para non atropelala. Eu cando corro, corro moito. Case se pode dicir que corro ás cegas. E, claro, non vexo. Tiro para adiante coma un posuído. O caso é que levo xa uns minutos correndo e sigo sen saber de que escapo. Non teño ningunha pistola comigo. Non me pelexei con ninguén. De que fuxirei? Sei que non son un James Bond nin un Jason Bourne, pero tamén sei case seguro que non lle fixen mal a ninguén. Non teño por que correr! Pero corro escapando, liscando de algo, de alguén. Ó mellor téñolle medo á soidade ou ó latexo dunha rula que aniña dentro dun sentimento. Ó Mellor non quero sentir o sentimentalismo dos Panchos para non afundirme máis, melancolicamente falando. É que Os Panchos... Podía escapar da música de Marta Sánchez, pero sei que o ritmo que estou empregando na carreira non se debe precisamente a un tema musical. Tampouco sei dicir por que corro por entre xente. Se non tiña porque escapar de ninguén. De nada incluso. Que aínda que, ás veces, me ferve o sangue, normalmente son un home tranquilo, feliz. Quixera ser Jason Bourne, pero non para escapar. De repente, freo. Xa está.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES