Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha costa para todos

lunes, 19 de noviembre de 2007
Foron moitos anos de agresión contra as nosas costas. Nas beiras do mar de Galicia erguéronse edificios, construíronse fábricas, pecháronse espacios, privatizáronse zonas públicas, todo en beneficio privado.

O mesmo aconteceu en terreos do interior, pero na costa son máis ostensibles as agresións, non sendo patrimonio único de Galicia este feito senón que hai zonas aínda moito máis degradadas dentro do estado español.

No que vai de ano, en España, 665 construccións da zona marítimo terrestre foron xa derruídas, e esto parece levar unha marcha imparable tendo en Galicia unha especial importancia.

Nestes momentos o problema en Galicia está centrado nas industrias relacionadas co mar que se atopan instaladas mesmo na beira, calculándose en cincuenta as piscifactorías e tres as conserveiras, aínda que poderían ser ata cen empresas as que se atopan en situación difícil porque a súa instalación depende de concesións temporais otorgadas pola Administración, cun total aproximado de quince mil postos de traballo.

Anfaco, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos, pretende que se negocie colectivamente e non caso por caso, para atopar solución global a un problema tamén global. Porque para Galicia estas industrias son esenciais, con postos de traballo e producción moi importante para a nosa economía.

Ter libre a costa é necesario e obrigado. Pero hai moito por onde empezar, moitas edificacións que derrubar, moitos casos de agresións que solucionar. O das empresas relacionadas co mar parece o caso menos dañino, o máis doado, pero tamén o máis perxudicial para a nosa economía colectiva.

Libremos a costa. Con sentido común e ánimo de xustiza, conseguiremos co tempo unha costa para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES