Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O esputo

sábado, 24 de noviembre de 2018
Tiven que miralo dúas ou tres veces, coa lóxica carencia de definición que as imaxes en movemento ofrecen pola rede. Tíveno que mirar con tino, porque por máis que se sei que vivimos nunha sociedade no que a bolsa de valor do respecto polos semellantes está infimamente cotizada, nunca crin que a política parlamentaria chegara a niveis semellantes.

E despois de miralo e remiralo, incluso con efecto de zoom dixital e a cámara lenta, creo ter chegado á mesma conclusión á que probablemente chegase tamén vostede, téñase pronunciado ó respecto ou non.

É grave. É sumamente grave -pero forma parte dos longos límites que por fortuna permite a democracia-, que un representante público teña como único obxectivo rebentar as institucións que magnanimamente lle permiten formar parte activa delas. E non só iso, senón que lle permiten, ademais, facelo cobrando uns saborosos emolumentos ós que non chegaremos nin en soños a inmensa maioría dos que cos nosos impostos facemos posible que el vista agora con prendas propias de deseñador.

Pero, o que supera con creces os lindes propios desa magnánima tolerancia que a lei debe ter en favor da tan valorada liberdade de expresión, foi o que aconteceu onte no hemiciclo español, tanto no tocante á actitude, xa non irreverente, senón groseira, chabacana e, se me apura, obscena dese congresista (mal que lle pese) catalo-andaluz que quedará rexistrado na historia do parlamentarismo democrático coma o perfecto exemplo dun caricato que quixo ser e non foi; coma no caso do perfecto anónimo que se valeu do instante da fuxida para esparexer odio en forma de cuspe perante ó que consideran a tachola que máis lle manca nos zapatos porque emite argumentos irrebatibles ós que son incapaces de lles facer fronte con outros argumentos propios de razón.

Velaí, unha vez superado o momento escatolóxico do esputo, onde creo que hai que centrar a análise de conxunto sobre que é o que está acontecendo na política española e, como consecuencia dela, no conglomerado xeral da administración, sexa esta estatal.

E o que está acontecendo é que unha constante elemental nas relacións sociais, como é o respecto entre os seres da mesma condición, simplemente voou. E voou porque, denantes diso, esta sociedade intelectualmente decadente na que habitamos decidiu abandonar un dos alicerces primixenios da evolución, como é a educación. De tal xeito que o que máis esputa, o que máis esbarra, o que máis inxuria e o que máis aldraxa é ó que, por unha sorte de aclamación, acabamos nomeando campión.

Por ousado, por audaz e por valente! Velaí os seus achulapados méritos. Si señor!
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES