Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Armas e benestar

viernes, 23 de noviembre de 2018
As armas serven para amedrentar, para matar e destruir: os efectos son devastadores sempre pero máis letais nas mans de gobernos sen escrúpulos que non respectan as leis que regulan o seu uso. Non é un segredo que a industria armamentistica produce Armas e benestarmoitos beneficios que ninguén está disposto a perder neste atractivo negocio; unha vez máis o diñeiro pónse por diante das ideoloxías e premisas humanitarias. Tendo isto en conta e que o importante é manter os postos de traballo nestas factorías, o mellor será deixar de pedir responsabilidades a outros coma ben apunta o meu amigo e xornalista Carlos Hernández nun artigo que non ten desperdicio titulado “Navantia y Arabia Saudí: Pactar con el diablo”. En Arabia Saudí cométense miles de ataques contra a liberdade e os dereitos humanos e os países democráticos poucas veces, ou case nunca levantan a voz para denunciar estas barbaridades; resulta moito máis fácil poñer a mirada crítica noutro sitio denantes de ferir a sensibilidade dos que manexan os petrodólares negándolles pedidos con presupostos multimillonarios, armas que é sabido van utilizar segundo lles dea a gana. Así as cousas non convén amolar ao opulento aliado árabe. Pedimos a berros liberdade e respecto aos dereitos humanos pero os mandamos a facer gárgaras cando vemos que está en perigo o noso benestar. Son dos que pensan que vender bombas a Arabia Saudí , por moito que as guie o láser, foi un erro grande e un erro máis grande aínda a explicación do goberno xustificando esa venta dicindo, entre outras babecadas, que non producen efectos colaterais na poboación civil. Isto manifestao cando os traballadores de Navantia protestan porque ven en perigo o pedido dunhas corbetas solicitadas polo mesmo cliente. Eu vin, porque tiven a oportunidade de ler un manifesto logo da manifestación multitudinaria de Ferrol, a moitos traballadores “do metal” protestando contra a guerra de Irak. Pois a que mantén Arabia Saudí contra o Yemen non lle vai á zaga e apenas dicimos nada. É preocupante, e moito, a ameaza da perda de traballo e enténdese a postura da maioría dos traballadores de Navantia postos na dicotomía guerra ou emprego pero... Tal e como andan as cousas, cando os principios e valores democráticos inclínanse diante do “poderoso cabaleiro” pouco pódese facer. Parte do problema quizás sexa o monocultivo industrial que nos leva a facer aquí nada mais que barcos de guerra. Así as cousas, que futuro nos espera?
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES