Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: O Courel

domingo, 18 de noviembre de 2007
Algo se move no Courel (“o dos tesos cumes que ollan de lonxe e fai sentir o pouco que é un home” que dicía Novoneira) xa que segue a estar presente na mente/corazón das persoas que senten/aman esta comarca.¡Benvida esta movida se é quen de atallar a desfeita actual e abrir portas cara ó futuro.

Neste outono, amais da participación de moitas persoas nos magostos, varios grupos de Vigo, A Coruña e Lugo percorreron a zona. A asociación Lugo/patrimonio tamén andou polo Courel o pasado domingo e pide ás administracións a rehabilitación das cabanas de Corvos e Caseliñas de Vilasibil e Paderne. Non hai moito tamén se pedía o mesmo para as 21 famosas e típicas capelas.

Varias asociacións levan tempo loitando na defensa e conservación deste rico patrimonio cultural, etnográfico, arquitectónico, paisaxístico...O máis importante é o humano, a pesar do avellentamento e fuxida da xente nova. O que xa abonda, feito por persoas de fóra e polos nativos é o estudo da súa riqueza orográfica, fauna, flora e folclore. Entre os nativos, salientamos unha das últimas achegas. Un serio traballo que se botaba en falta e ven de regalarnos o veciño de Meiraos (O Courel) Jesús Afonso Parada Jato, labrador, poeta e escritor que no propio título define o contido deste interesante e necesario libro:“Usos, costumes e cousas do Courel”.Ven a ser un tratado sobre as persoas..

Felicitamos ao autor pola súa grandiosa e importante obra, amasada en moitos días, meses e anos de traballo de recolleita para goce e utilidade de todos. Dos da casa e dos de fóra. Volveremos sobre o autor e o tema.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES