Cuspir cara ó ceo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 22 de noviembre de 2018
Cuspir está mal visto.
É de mala educación.
E e se cuspimos cara ó ceo
¿Qué quere que lle diga?
Os cuspes poden volvérsenos á cara.
Ninguén pon en dúbida que a soberbia existe.
Tampouco cabe ningunha dúbida de que quen menos soberbia teña, ten abondo.
XA A INFANCIA DESDE A SÚA TENRA IDADE EMPEZA A CULTIVALA:
-Os meus papás teñen
. e os teus non teñen.
-Eu teño
e ti non tés.
-O meu papá é o máis rico do pobo.
-A miña mamá é a xefa de moitas persoas no seu traballo.
No faltan tampoco as burlas, os insultos, o desprezo polos máis febles.
E SE PENSAMOS NOS ADULTOS:
-Hai persoas adultas que se alegran cando a outros lles vai mal.
Din máis ou menos:
¡Vaia home vaia, vaia muller vaia, mira onde se foi meter
!
-Incluso hai quen lles desexa todo o mal do mundo.
¡Ogallá nunca máis
!
-Fanfarróns e fanfarronas tamén hai.
RESUMINDO:
Os nenos son o reflexo do que ven nos adultos.
É doado concluír que en moitas familias reina a fanfarronería e a soberbia.
¡Un auténtica pobreza!
CANDO NOS COMPARAMOS CON OUTRAS PERSOAS PARA MOSTRAR A NOSA SUPERIORIDADE, ESTAMOS CUSPINDO CARA Ó CEO.
Nin sabemos nin nos imaxinamos o que podemos necesitar desas persoas.
TODOS SOMOS RICOS NAQUELO QUE A VIDA NOS DÁ E TODOS SOMOS POBRES NO QUE NOS FALTA.
A infancia que agora presume diante dos menos privilexiados; non sabe como evolucionarán os outros, nin as voltas que dará a vida.
Os adultos que van fanfarroneando pola vida, tampouco saben como acabarán.
¿QUEN LLE DIRÍA A CERTAS PERSOAS ILUSTRES, -QUE SE CRÍAN OS DONOS DO MUNDO-, QUE ACABARÍAN RENDENDO CONTAS ANTE UN TRIBUNAL CON BASTANTES PROBABILIDADES DE VÉRENSE PRIVADOS DE LIBERDADE POR CERTO TEMPO?
-¿Por qué chegaron a esa situación esas persoas?
¡Pola soberbia e pola avaricia!
-¿Qué falta tiñan de vérense neses apuros?
Ningunha.
¿Por qué acaban tan mal?
Porque CUSPIRON CARA Ó CEO e agora os cuspes vólvenselles ás súas propias caras.
Nin as fagas nin as temas, dícía a miña avoa.
Tamén dicía: Deus castiga sen pau nin pedra.
Agora no se lle din esas cousas ós nenos.
Agora parécenos que nacemos máis adiantados e máis ilustrados que os nosos devanceiros.
Penso que estamos equivocados:
NACEMOS IGUAL QUE SEMPRE.
TAMÉN MORREMOS IGUAL QUE SEMPRE.
O que cambia son os medios que temos; pero no fondo temos as limitacións de sempre.
Seguimos tropezando dúas e máis veces na mesma pedra.
SOMOS LIMITADOS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa humildade e por vivir cos pés no chan e a cabeza moi alta.
Eso é o importante.
Moias grazas por terme na súa consideración nesta ocasión

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora