Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No balcón do Sil: Monforte e as autoestradas

sábado, 17 de noviembre de 2007
Monforte, como capital natural da zona sur de Lugo, e sempre o punto de mira político a hora de falar de autoestradas. Por certo, os que falan nunca aclaran de si se trata de autoestradas con peaxe ou gratuitas, xa se saberá (veremos cando).

Hai unha boa morea de anos que se intentou facer un proxecto de estrada de comunicación importante para a Terra de Lemos. Ocurriu cando era Ministro Severiano Martinez Anido, que se decia ser oriundo da parroquia soberina de Doade, e que ocupopu a carteira de Gobernación entre 1925 e 1930 e voltou a ser Ministro de Orde Publico no primeiro goberno de Franco en 1938 (finou ese mesmo ano). Nesta época iniciaronse os traballos previos a un proxecto de gran estrada de penetración a Galicia dende Ponferrada; ésta estrada tería o seu final en Santiago de Compostela polo que prácticamente en linea recta atravesaria a Zona de Lemos con entrada dende a Comarca de Trives e saida cara os Peares; significaria unha moi axeitada e facil posterior comunicación con Ourense-Vigo amais do obxetivo principal de unir a meseta co centro xeografico de Galicia.

Máis tarde, pero moito máis preto dos nosos días cegaron eses accesos centro a Galicia (a actual N-120 que comunica Ponferrada con Ourense). Se dicía que ésta,sería a principal via de entrada a Galicia, e dende a Terra de Lemos comunicaría posteriormente con Lugo-Coruña e Ourense-Vigo. A posteriori esa N-120 quedou como unha estrada secundaria e fixeronse duas grandes vias de acceso a Galicia dende a meseta unha polo norte e outra polo sur, quedando así o centro (ou interior que parece un nome máis axeitado), sen esa gran via proxectada xa en anteriores ocasións. Hoxe en día, sen dubida ningunha, estariamos a falar de unha gran autoestrada e de que Monforte sería o máis importante nudo de comunicacións de Galicia.

Cada poucos días, os politicos (unhas veces os dun lado outras os de enfrente) voltan co tema da comarca de Lemos a as autoestradas. Por unha banda que a N-12O dende Ponferrada debe de convertirse en autoestrada (estan agora a rematar as obras do terceiro carril…), por outro lado a tan demandada con Lugo por Sarria (fai ven anos que tiña que estar rematada…); e logo falta a comunicación, tamen por estrada de primeiro nivel con Ourense e Santiago. Todo está moi ben, pero…de cando en vez voltase a falar da proxectada autoestrada do Monforte con Chantada. ¡manda carallo!; sexamos sensatos: ¿e prioritaria esa autoestrada con Chantada?. Non e decir de que non se faga; pode tamen pensarse noutra de Monforte a Castro Caldelas ou de Monforte a Currelos. Todas poden ser necesarias pero temos que pensar en prioridades. Dende este balcon do Sil cremos que a prioridade no referente a autoestradas para a Terra de Lemos sería: Monforte-Lugo, Monforte-Ponferrada e Monforte-Ourense, logo o que nos den benvido sexa. Deixemonos de xogos e de destruir uns o que din os outros; tiremos todos do mesmo carro para que as cousas non se convirtan no mesmo que aquel proxecto do que se falaba en tempos do pouco recordado Martinez Anido.
F. Guitián, Luis
F. Guitián, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES