Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulleres de Xestoso denuncian violencia da administración

martes, 20 de noviembre de 2018
O colectivo pide á Xunta que modifique as regras para a concesión de axudas. A asociación de Mulleres do Campo afirma que o concepto de violencia vai máis aló dos malos tratos físicos e psicolóxicos e inclúe a falta de oportunidades e a exclusión social. "O concepto de violencia é máis amplo que o da violencia física ou psicolóxica e inclúe a falta de oportunidades e o desamparo por parte da Administración. Inclúe tamén o nivel de renda, a situación laboral, os problemas sociosanitarios, o lugar de residencia e en especial o abandono e as "non axudas" por parte das administracións", asegura a asociación de Mulleres do Campo de Xestoso-Cambás. Este colectivo engade que esta situación de desamparo faise máis patente nas zonas rurales.

Aproveitando a celebración do Día Internacional da Erradicación da Violencia de Xénero, a asociación denunciou tamén que moitos traballos que realizan as mulleres "non son recoñecidos pola sociedade e en especial pola Administración". O colectivo destaca que, a través dun comunicado de prensa, que esta situación "sufrímola de xeito particular as mulleres das zonas rurales". O colectivo pide á Xunta que considere os factores que dan lugar á exclusión social para a concesión de axudas. A asociación realizou algunha crítica concreta para ilustrar "a falta de colaboración por parte da Administración. Denuncia que este ano se lles puxeron trabas para realizar cursos de formación. Citan como exemplo a "disminución das cantidades aportadas pola Xunta para os cursos de formación.

Coa intención de que a situación varíe nun futuro, o colectivo de mulleres rurales fai unha recomendación ás administracións con competencia en políticas de axuda social. "Que teñan en conta os factores que dan lugar á exclusión social da muller rural e non se centren só en cubrir a todas as asociacións por igual, creando deste xeito máis desigualdade".

É por iso que o colectivo demanda a creación dunha regulación máis xusta "porque podemos permitir que as normas inxustas sigan causando discriminación e afrontar as consecuencias ou cambiar as regras". A asociación de Mulleres do Campo anuncia que non só está decidida a defender con argumentos a "necesidade de cambio senón tamén a traballar para que se faga realidade". O colectivo conclúe animando a todas as mulleres que vivan no ámbito rural que loiten por conseguilo "porque sabemos que só deste xeito será posible que chegue o verdadeiro cambio".
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES