Día mundial do Neno
Fernández, Suso - lunes, 19 de noviembre de 2018
A efeméride (20 de novembro), data de 1954; a Liga de Nacións establece que a Humanidade debe ós nenos o mellor que pode ofrecer. Día para a comprensión entre os nenos, polo benestar e polos dereitos dos rapaces do mundo.
En 1971 celebrouse en Foz a 1ª Feira da Arte Popular Galega, iniciativa pioneira, á que acudiran artesáns de toda Galicia. Seguindo a pista a éstes ,soubemos que a Cidade dos Muchachos de Ourense, Bemposta, dispuña dun espectacular stand no que, á vista do público, mais de 50 artesáns dos seus talleres, producían e vendían pezas de alfarería, madeira torneada, zocas, serigrafía, coiro repuxado, forxa, cestería, encaixes de Camariñas
Un vello amigo franqueounos a porta do P. Silva, fundador da institución, ao que visitamos para solicitar del a presenza do stand na feira de Foz, feito que se consumou na inmediata de 1972.
Moitos outros artesáns, a título personal, completaban a que foi a demostración artesà de magnitude nunca ata entón coñecida por estas latitudes: como a chantadina Elvira R. Osorio, daquela a mais prestixosa tecelá de Galicia, con obra espallada por media Europa, en mans das mais outas personalidades. Pepe de Burón, tallista focego, presentara a súa xenial imprenta Gutemberg, que, tallada en madeira , realizara a minerva e tipos de letra, imprimindo para os visitantes; algo tan exitoso e solprendente, por nunca visto. A rede galega de telelclubs montara unha sensacional mostra con grande surtido de pezas orixinais, descoñecidas para o gran público, etc... A novidade que a Feira siñificou atraera exursións de provincias limítrofes.
Era a primeira vez, trala guerra civil, que en Foz ondeaba en acto público e multitudinario a bandeira galega, que permañeceu izada nas tres edicións da feira cos atrancos e os riscos doados de maxinar
O coro de 60 voces de Bemposta gravara un disco coa colaboación de músicos insiñes, como o francés Frank Pourcel dirixindo, entre outras, a canción Os dereitos do neno, peza singular que resume a filosofía que inspirara a obra do P.Silva, apóstolo na defensa e protección da infancia desvalida. Dí así: 1º tódolos nenos nacen libres e iguais no amor. 2º: todo neno ten dereito a esixir contas á Sociedade polo mundo que ésta lle preparou .3º: todo neno é libre como o aire que respira, sempre que éste non estea contaminado. 4º: a verdade sae da boca dos nenos: todo neno ten dereito a comunicar os seus pensamentos e opinións ós adultos que o arrodean. 5º: tódolos nenos deben pagar en prioridade ó tesouro familiar o seu imposto de amor. 6º: todo neno é libre de protestar polo traxe de mariñeiro que o obrigarán a vestir entre os cinco e catorce anos. 7ª: todo neno é inocente ata que sexa decrarado culpable de chegar a home. 8º : todo neno é responsable dos futuros fillos do home que será un día
.
P.D. : o día da visita ao P. Silva , celebràbase no Pavillón de Deportes de Ourense unha edición do Certame da Canción do Miño , ó que asistimos. Resultara trunfador/revelación da noite, o que dende entón é un nomeado cantante: Xil Ríos.
(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz).

Fernández, Suso