Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sr. Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia

lunes, 19 de noviembre de 2018
Prego teña a ben desculparme por escribirlle dun xeito tan pouco protocolario. Se o fago é porque o acontecido merece ser coñecido por todos os galegos. Vimos de ser ofendidos no Centro Galego de Bos Aires coma se fosemos uns pobriños desgraciados que andamos a pedir esmola. Vostede sabe que a Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense viaxou a Montevideo e Bos Aires onde actuaron con grande éxito.

O problema chegou coa visita dunha reducida delegación ao hospital do Centro Galego. O presidente provincial quixo visitar a entidade para interiorizarse da crise que está a sufrir e tamén para visitar o cuarto 202 que foi onde morreu Alfonso R. Castelao. Chegan a esquina de Belgrano e Pasco e quedan freados por persoal de seguridade que lles impide o paso. O interventor Moyano non está alí para recibilos e tampouco un disque “novo presidente” saído dunhas fraudulentas eleccións.

Quero lembrar que temos un delegado da Xunta na capital arxentina que como é obvio percibe o seu salario dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma. Estou alporizado xa que o noso delegado semella estar ao servizo da administración arxentina pois non se encargou de que houbese un anfitrión calificado para guiar aos visitantes polas dependencias do Centro Galego. Poida que nin siquera fixese unha chamada ao interventor como é a súa obrigación.

Cando fale vostede co presidente da Deputación terá cumprida información sobre a vergoñenta actuación do mensaxeiro do interventor, un tal Herrero. Non deixaban subir ao primeiro piso para ver as valiosas obras de arte de autor galego, entre elas os dous marabillosos óleos de Castelao. Foron rodeados por membros do persoal de seguridade, por chamarlle de algunha maneira, xa que son os maleducados e indocumentados empregados que nomeou o interventor para infiltrar no seo dos traballadores que se opoñen a desfeita.

Houbo que abrir un candados aquí e outro acolá xa que teñen case todo pechado. As escaleiras están clausuradas e só está habilitado un ascensor para catro persoas. Quere dicir que para poder ir ao segundo piso ata o cuarto 202 habería que esperar unha hora. Todo argallado para que ninguén poida homenaxear a Castelao. Todo pensado para estragar un hospital que desexan estea axiña baleiro para negocio inmobiliario.

Coido que non debemos calar diante desta afrenta dun interventor que cobra o seu salario porque houbo uns esforzados avós emigrantes que ergueron un fogar solidario para quecer o corpo e o espírito. Pido que sexa vostede quen presente unha queixa formal por vía diplomática polo maltrato recibido. Se mal non recordo, o embaixador do Reino de España na Arxentina, é nacido en Galicia ou ten raíces galegas. Dóeme moito ver que a noutrora moi xenerosa terra arxentina estea caendo na noite escura do resentimento e da insolaridade.

Reciba un cordial saúdo de quen foi un feliz neno emigrante en Montevideo. Moi atte., Manuel Suárez Suárez.
Suárez Suárez, Manuel
Suárez Suárez, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES