Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 16 de noviembre de 2018
Para escangallarse coa risa!

De cando en vez métome na biblioteca da Valenzá para consultar algún dos xornais que non adoitan ter os cafés e, a maiores, se cadra pillo algún libro. A ver, libros sempre teño comigo. Pero gústame ter algún de mais por se o que empezo a ler non me gusta e o teño que deixar axiña. Deixo o tema dos libros e vou ó que me interesa. Moitas veces a prensa cánsanos con tanta noticia política ou con tanta noticia repetitiva. Pero o outro día atopeime cun titular que, primeiro, me fixo rir e que, segundo o pensei con máis calma, acabei ás gargalladas. Incluso tiven que agachar un pouco a cabeza para que os demais usuarios da biblioteca non me visen. “O Rei ofrécelle a Perú o apoio de España contra a corrupción”. Para escangallarse coa risa! Un cego dándolle a man a un coxo. Ou un parvo aconsellando a un torto. Eu penso que o noso Rei errou no seu comentario. Creo que máis ben lle quere dar apoio nas argalladas que hai que levar a cabo para meterlle man ó paisano de a pé. O Rei sabe que temos experiencia. Moita experiencia. En serio, non o podo crer. Que quizais o país máis corrupto do mundo se lle ofreza a outro para vencer a corrupción é algo que se sae das marxes da fantasía. Seguro, seguro que foi un erro do Rei. Ou do periodista, que non oíu ben. Seguro.Pingas de Orballo
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES