Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rúa da Concordia

viernes, 16 de noviembre de 2007
O cambio de denominación de rúas con nome problemático, preocupa en moitos concellos e a moita xente, aínda que a menos xente do que os políticos pensan. A fin de contas, o rueiro é un elemento de homenaxe, pero tamén é sobre todo algo utilitario, de referencia, ó que acabamos por afacernos co paso do tempo.

Hai nomes especialmente expresivos, que chama a atención que permanezan nas placas informativas, pero pouco a pouco vaise producindo o cambio hacia novas denominacións que agardemos sexan definitivas ou alomenos duradeiras.

En Ourense vense de aprobar no pleno municipal o cambio da denominación da rúa Capitán Eloy pola de Rúa da Concordia. Que unha rúa con este nome existise xa no rueiro non parece preocupar demasiado, porque ó ser esta de agora máis céntrica parece elevarse de categoría a denominación e a Concordia entronizarse en Ourense comezando polas rúas.

Deso se trata, en xeral, de lograr concordia á hora das novas denominacións, e de que os nomes que agora se elixan expresen esa vontade concordante e non signifiquen división doutro signo.

É difícil, aínda aquí e agora, facer “tabula rasa” de feitos e lembranzas, estean gravadas na pedra ou simplemente na memoria. E sen embargo non podemos afondar máis nas diferencias, e temos que procurar –respectando memorias e rescatando silencios- conseguir unha paz duradeira agora que practicamente todos os combatentes doutrora están no reino do máis alá.

Neste momento, Ourense ten dúas rúas da Concordia. Cunha chega. Cunha concordia clara chéganos a todos os galegos para mirar cara ó futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania