Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poñer o axóuxere

jueves, 15 de noviembre de 2018
Cando os ratos osman o gato, foxen de contado.
Non se lles ocorre andar polo seu territorio porque saben que teñen o tempo contado.
Por onde andan os gatos, non abundan os ratos.
Pois se trasladamos o símil ós humanos, diríamos:

-QUE ONDE HAI ORDE, NON REINA DESORDE

Onde a familia leva control da infancia, raro é o caso de que esta se desvíe.

Non é unha tarefa nada doada: son moitas as tentacións nas que podemos caer.
Os pais e nais, hoxe en día, teñen que andar cos ollos moi abertos para cumprir responsablemente cos seus deberes.
Pero, afortunadamente, hai moitas familias que saben o que teñen que facer.
Hai moitos pais e nais que priorizan a boa educación dos fillos.
Son pais que predican co exemplo e saben peñer límites.
Poñer límites, non significa querer menos ós fillos, significa marcarlles o camiño para que saiba ir pola vida.

-QUE ONDE REINA O SENTIDIÑO, AS COUSAS VAN MELLOR

De feito hai períodos de máis progreso que outros.
Eso sabémolo todos.
Ós períodos das “vacas gordas”, afacémonos todos con suma facilidade.
Cando se trata da época das “vacas fracas”, a cousa cambia moito.

SE NON ESTAMOS PREPARADOS PARA AFORRAR CANDO AS COUSAS VAN BEN.
TAMPOCO TEREMOS DE QUE BOTAR MAN CONDO AS COUSAS VAIAN MAL.

Hoxe en día vivimos moito ó día.
Non somos previsores como eran os nosos avós.
Non soportamos a frustración.
Gústanos a vida doada.

O ESFORZO E O SACRIFICIO MOI POUCAS PERSOAS O ASUMEN.
Son valores en desuso.

TEREMOS QUE RECUPERALOS SE QUEREMOS VOLVER Á NORMALIDADE PORQUE:
-Non poderemos aprecia-los días soleados, se non vivimos días nublados.
-Non poderemos aprecia-la calma se non pasamos “momentos axitados”.
-Non poderemos valora-la saúde se nunca tivemos ninguna enfermidade.
-Non valoramos suficientemente a boa vida, se non pasamos algunha estreitura.
-Non saberemos valorar a fartura se non pasamos alguna fame.
-NON SABEREMOS APRECIAR Ó POBRE SE SEMPRE FOMOS RICOS.

Na realidade:
-Os días soleados teñen que convivir cos nublados.
-Os momentos de calma teñen que convivir cos axitados.
-A saúde ten que convivir coa enfermidade.
-As etapas de boa vida non duran sempre, e os de mala; tampoco.
-Vémonos obrigados a navegar co que a vida nos depare.
-A fartura ten que convivir coa fame: a veces temos poucos cartos, outras a dentadura non responde, outras falla a dixestión…

Hai un refrán castelán que di:
“NO SIRVAS A QUIEN SIRVIÓ, NI PIDAS A QUIEN PIDIӔ
Eso penso que ten a súa base de razón, pero tamén se dá o caso de que o rico precise do pobre e o pobre do rico.
¿Qué farían os empresarios sen obreiros e os obreiros sen empresarios?

Pouquiño a pouco teremos que ir desprendéndonos dos prexuízos que campean polas nosas cabeciñas.
Teremos que ir poñéndonos o axouxere para escorrenta-los malos pensamentos e os malos hábitos.

“NON CUSPIR CARA Ó CEO”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES