Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desaparece definitivamente o Cruceiro de Rego Pequeno nos Vilares

martes, 13 de noviembre de 2018
Desaparece definitivamente o cruceiro do Rego Pequeno, situado na parroquia de Os Vilares (A Ribeira) estaba sobre un muro ao pé dun camiño. Tiña unha base cúbica con fuste monolítico, de sección cuadrangular. O capitel «era» de forma cúbica, e a cruz, cuadrangular, sin efixies. A peza xa non estaba enteira porque, unha máquina municipal Desaparece definitivamente o Cruceiro de Rego Pequeno nos Vilaresque desbrozaba na zona na época en que era alcaldesa María José Vázquez Lorenzo (PP) deixou destrozado parte do capitel e a cruz, pezas das que nunca máis se soubo.

Agora, desapareceu tamén a base e o fuste. Unha comprovación realizada pola Lareira de soños conxuntamente con Cruceiros de Galicia, que alertou desa posíbel sustracción que agora se confirma.

Outra perda para o património dos Vilares que vé os frescos da igrexa en serio de desaparición, o Calvario das Reixas sen reparar despois de 19 meses e o estado xeral do patrimonio etnográfico en situación de abandono e falto de limpeza e sinalización ao igual que o arqueolóxico.

Resulta preocupante o expolio destas pezas, moitas veces con coñecemento dos veciños, que se negan a denunciar para evitar problemas, Pero moito máis cando son as propias administracións as que polo súa desidia facilitan a desprotección do patrimonio histórico.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES