Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cortina de fume

miércoles, 14 de noviembre de 2018
A principios desta semana, saía unha noticia nun diario, digamos que amarelo, unha noticia de carácter sensacionalista sobre un home de 63 anos, orixinario dun pobo, onde nun grupo de whatsapp verteu barbaridades sobre o Presidente do Goberno.

Un feito que foi denunciado por un membro do mesmo grupo, que naquel momento pertencía a un partido político tan bárbaro como o denunciado e que estaba nese mesmo grupo de whatsapp porque acudía a practicar tiro ao mesmo clube de tiro olímpico de Tarrasa. Esta noticia, en principio pouco relevante, foi magnificada por todos os medios chegando a ser portada dalgúns deles, reforzada pola incautación das armas de competición deste home, competidor olímpico desde hai anos, sen antecedentes penais e con todas as súas armas perfectamente legalizadas.

¿Por qué pensas, querido lector, que se está dando tanta dimensión a esta noticia? Os motivos poderían ser varios, un deles é que a ninguén con peso específico molesta que se demonice un comportamento lamentable e por suposto reprendible. Outro dos motivos é que realmente o individuo en cuestión non é ninguén, un garda de seguridade de sesenta e tres anos, sen familia, dun pobo onde o pai fora alcalde hai anos, digámolo así un pobre diaño cuns antecedentes impecables que debido á súa afección ás armas levaba anos competindo de forma oficial e por iso tiña unha colección de rifles moi vistosa para unha foto.

Con noticias coma esta, xa se fala menos desa barbaridade do tribunal supremo, garante da legalidade neste país, que baixo unha infinidade de presións de todo tipo, deixou en suspenso unha sentenza xusta pero economicamente ruinosa para repetir a votación ata que conseguiu anulala.

A verdade é que xa nos acordabamos algo menos deste feito insólito, que evidencia que a xustiza é variable en función de don Diñeiro. Os bancos, que cando saíu a primeira sentenza estiveron a piques de esborrallarse, respiraron cando esta se suspendeu e subiron cando se anulou, xa non terán que devolver os custos derivados do pago do imposto de actos xurídicos documentados.

É certo que esta vez o goberno actuou con rapidez e a partir de agora terán que facer fronte a ese imposto e non poderán repercutilo na hipoteca que pida o cidadán.

Salvados pola campá, nuns poucos meses, cando salla outra sentenza que está sobre a mesa, repetiremos votación, suprimiremos o Supremo. A ver que pasa...
Feijoo, Arán
Feijoo, Arán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES