Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Goteou o cano de Buenafuente

lunes, 12 de noviembre de 2018
Xa sei que o asunto de Ramiro Folla trae moito retranca nas redes sociais, pero a gota que colmou o vaso da miña paciencia foi un vídeo que tamén circula polas redes de Andreu Buenafuente.

Este humorista a min gústame moito. Pero aquí goteou a máis non poder o cano da súa “boafonte”. Búrlase un pouco do titular de La Región de Ourense de “Ramiro Folla, única buena noticia local”. Menos mal que cara ó final recoñece que é un apelido. Pero tanto el como os que se mofan nas redes sociais fano porque teñen unha mente moi quente, é dicir, moi saída. Porque, segundo colleron a palabra Folla do verbo follar, e sendo o rapaz galego, por que non colleron a palabra Folla do substantivo folla, o órgano vexetal dunha árbore?

Tanto o señor Buenafuente como os demais deberían de saber que en todo o país (e digo, toda España) existen apelidos que vos deixarían coa boca aberta. Son un fanático dos nomes e apelidos, chamémoslle, raros e seino. A proba é que, eu mesmo, non caín da burra (é dicir, que non vin a similitude, o chiste?) ata o segundo día, logo de bombardearme con varios guasaps e de ver varias publicacións no feisbuq. E non caín da burra porque eu simplemente lía Ramiro Folla. Nome e apelido.

Goteou o cano de BuenafuenteEu vía un apelido. Porque que eu saiba, folla de follar non se escribe con maiúscula, se non é principio de frase. O que hai que facer, cabezas quentiñas, é saber ler e non sacar as cousas de contexto. A maiores de que, pola nosa terra, usamos máis a palabra joder en castelán e foder en galego (que, por certo, follar na nosa lingua non existe). Eu, folla asimíloa moito máis ó órgano vexetal das árbores ou das plantas; máis en concreto, dos carballos e castiñeiros; seguro que porque fun labrego e non xardineiro.

O señor Buenafuente debería estudar primeiro algúns termos ortográficos, antes de mofarse dun rapaz e dun xornal que non publicou un “titular desafortunado”, como tamén din algúns outros medios. O propio Ramiro Folla confesou que “ó principio de ver o titular, case non lle fixen caso”. Normal; o que me pasara a min. Porque tanto el coma eu viamos tan só un apelido. Espero, confío e desexo que Ramiro Folla amose por ese mundo das motos o seu apelido con moito orgullo, porque, por encima, é bonito. Para un galego é bonito. A folla dun carballo, por exemplo. Ou dun castiñeiro. As nosas árbores. Ánimo, rapaz!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES