Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Brandos coas grandes superficies

jueves, 15 de noviembre de 2007
As grandes superficies son un fenómeno de relativamente recente aparición no noso panorama comercial, que viñeron modernizar o sector e de paso alterar profundamente a relación de forzas no sector.

A súa irrupción provocou un incremento na oferta, en cantidade e calidade, de xeito que o pequeno comercio, o comercio tradicional, veu e ve amenazada a súa existencia por terse establecido un moi diferente xogo de poderes, alterándose gravemente a dependencia do consumidor e a súa total indefensión.

Carrefour, Hallye, Eroski, Alcampo... nomes de entidades que forman pequenas cidades comerciais nas que se vende de todo o que calquera comprador pode necesitar, a precios imposibles de competir por parte do pequeno comercio.

Ós poderes públicos corresponde establecer regras de xogo, de xeito que se protexan os intereses dos consumidores e dos pequenos comercios. Pero en Galicia imos con retraso.

O Banco de España ven de publicar un estudo sobre as grandes superficies comerciais, segundo o que Galicia é a Comunidade autónoma máis permisiva coas grandes superficies, despois de haber sido a terceira máis intervencionista hai dez anos.

Neste cómputo entran os horarios, apertura en festivos, rebaixas, impostos, licencias, novas aperturas.

Abreuse a man en Galicia para as grandes superficies, péchase polo tanto para o pequeno comercio tan vizoso en tempos. Óptase polo máis doado, sempre tratando mellor ós de fóra que ós da casa. Sempre atendendo os intereses do poderoso, do que pode influir, do que presiona.
Somos, colectivamente, os máis brandos cos poderosos. Mal sinal.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES