Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Simplificar os xogos

miércoles, 14 de noviembre de 2018
Vivir a senectude dunha xeración é algo difícil que, día a día, nos enfronta a aquilo que non queremos ver. Creemos que somos de folla perenne aínda que sabemos que non existe a perennidade. Entón a realidade sobrevennos con dureza, unha dureza necesaria que, a pesar do seu azoute, acábase convertendo nunha fonte máis de aprendizaxe.

Sempre fun un fiel xogador de cartas. Disto son culpables meu avó Antonio, miña avoa Florinda e meu tío Pepe. Actualmente, os dous últimos viven con nós e meu avó está Simplificar os xogospresente sempre na lembranza. Con eles aprendín a xogar á brisca, á escoba e máis adiante, entre o tío Pepe e o avó, fixéronme unha adaptación en madeira de nogueira para poder xogar ao tute.

A rodeira do tempo foi pasando e, pouco a pouco, houbo que ir simplificando os xogos e isto implica facer un camiño de volta como con nós fixeron o de ida.

Deixamos de xogar ao tute e volvemos xogar á escoba e, despois, á brisca. Por último, ao dominó…Adaptamos ás regras do dominó ás da brisca no tocante a puntuación: cada man vale 1 punto e catro puntos 1 partida. Por suposto, un 4-0 é unha zapateira, como sempre. Ao final o que conta é pasar o tempo e manter a habilidade mental. Non importa gañar, importa xogar as mans ata o final e xogalas ben, desexamos mans longas que poñan en mobilización todas as pezas e, ante un erro, unha vez xogada, volvémola xogar emendando ese erro. É divertido.

Axudámonos a contar e cando fai falla un ata xoga contra si; pero, xa se sabe, ganamos os dous porque o trofeo sempre é o tempo compartido. Dá igual a regra, dan igual as fichas porque só contan as gargalladas que botamos ao redor do xogo, os ditos son os de sempre: que si “a túa sorte é como a desgraza de calquera”, que si “lle tomaches a medida” e sempre “tal para cal María Antonia”…Creo sinceramente que son rico, son propietario dun inmenso patrimonio que estou desexando transmitir porque cando un bebe ben das augas da tradición, contrae unha sede inmensa de cumprir coa obriga de dar de beber…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES