Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver ó cauce

jueves, 08 de noviembre de 2018
Din que:
“A río revolto, ganancia de pescadores”

Penso que posiblemente estiveramos vivindo nun río revolto últimamente no que todos queríamos sacar partido.

Está moi ben querer superarse, pero de aí a caer na avaricia hai moita diferencia.
Paréceme que a nosa avaricia xa rompeu o saco.

O saco xa “fai augas” por todas partes:

-METEMOS OS BEBÉS NAS GARDERÍAS PARA QUE APRENDAN A RELACIONARSE COS DA SÚA IDADE E PARA QUE NOS DEIXEN LIBRES.
Felices aquelas familias que os poden criar na casa a ser posible con algún membro da famila.
No seo da familia é onde se aprenden os valores básicos que nos acompañan por días de vida.
No seo da familia é onde se goza do amor familiar.
Nada mellor.
Sería de sumo interese que as autoridades competentes promoveran leis que respectaran estas vivencias para formar unha sociedade moito máis equilibrada.

-MANDÁMOLOS A COLEXIOS MASIFICADOS TENDO Ó CARÓN UNHA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Aínda quedan algunhas escolas infantís nas cercanías do entorno familiar e, non sei por que, témolas infravaloradas e por veces ata as ignoramos.
A escola debe ser unha prolongación do fogar no tocante á convivencia.
¿Qué mellor que unha escola cerca da casa convivindo cos propios veciños?
¿Onde se pode cultivar mellor a convivencia veciñal?
MANTER AS ESCOLAS NO MEDIO RURAL EQUIVALE A FIXAR A POBOACIÓN.
Cando se pechan as escolas no rural; este queda deserto ó pouco tempo.
Grave erro.

-SOBRECARGAMOS ÁS CRIATURAS DE ACTIVIDADES DE TODO TIPO E NIN LLES DEIXAMOS SER NENOS NIN LLES DEDICAMOS TEMPO.
Criamos máquinas para producir.
As criaturas teñen que xogar.
As criaturas necesitan moito tempo, moito cariño, moita conversación, moitos consellos…
Se non llelos proporciona a familia…
¿Váillelos proporcionar o mundo?
Non, non.
Nada de eso:
Os valores e a educación teñen que levalos aprendidos da casa.
E non vale só con darlles cada día unha ración de boas instrucións; os nenos fan o que ven.
Polo tanto hai que darlles bo exemplos.
Hai que educalos no amor, dedicándolles tempo.

-VIVIMOS PARA TRABALLAR, PARA PAGAR GARDEIRÍAS, PARA PAGAR ACTIVIDADES MÚLTIPLES, POÑEMOSLLES UN MÓBIL NAS SÚAS MANS.
¡Como se non houbera abondo con pagar os gastos básicos e os impostos!
O que lle convén á infancia son moitas menos actividades extraescolares e máis deberes no fogar: responsabilizarse das súas cousas, facer os deberes escolares, axudar ós maiores, ter contacto familar, xogar ó aire libre, correr, brincar…

-PAGAMOS A AUTOESCOLA PARA QUE ÓS DEZAOITO ANOS TEÑÁN O PERMISO DE CONDUCIR.
Se non acadan o título de Bacharelato ou de Formación profesional, mala sorte; pero o permiso de conducir non lles pode faltar.
A esa idade terían que estar apretando moi duro nos estudios para labrarse un futuro prometedor porque hoxe en día fan falta moitos coñecementos para todo.
Tócalles vivir uns tempos con moitos adiantos, pero hai que loitalos.
O benestar e o bo vivir hai que sudalo.
Ninguén regala nada.

-POÑEMOSLLES UN COCHE NAS SÚAS MANS SEN PENSAR QUE É UNHA FERRAMENTA MOI TENTADORA E MOI PERIGOSA
Un coche é, potencialmente, unha arma moi perigosa para calquera idade; pero para a xuventude máis aínda.
A xuventude non ten experiencia e a súa vigorosidade lévaa a facer “travesuras”
Os horarios de diversión non va ó seu favor.
O alcohol tampouco e se hai outras drogas polo medio, peor aínda.
¡URXE QUE AS AUGAS VOLVAN Ó SEU CAUCE!
Pero…
¿Quen lle pon o axóuxere ó gato?

“POÑER O AXÓUXERE”
Este será o título do seguinte artigo
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES