Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Uxío, flor de Deus e caiado dos homes

martes, 06 de noviembre de 2018
Sendo eu un pícaro, o meu primeiro profesor de Literatura, D. Uxío García Amor, expricaba que cando un coche sube a unha montaña e da voltas e reviravoltas, móvese coma unha serpe. A imaxen quedou grabada na miña cachola e logo sirveume para ver que a montaña é a vida e que para subila podemos buscar atallos, pero convén sempre andar con un bo caiado, non vaia a ser que, entre as rochas, as rosas e as silvas do camiño, esquezamos os verdadeiros principios que han rexir a nosa vida.

Don Uxío, flor de Deus e caiado dos homesD. Uxío, crego aínda novo, agarimaba os nosos corazóns inocentes e sementaba neles a palabra de Deus da mellor maneira posible: co seu exemplar traballo. Estamos a falar de hai perto de sesenta anos.

Os vieiros da vida leváronnos por soños distintos. E mentras il sigue a vivir no servicio de Deus a través dos necesitados, eu andiven dando tumbos na procura dun non sei qué tan ignoto como valeiro, aínda que sempre procurei non esquecer nin a Cristo, nin ao seu evanxelio e levar como estrela a verdade.

E para recorre-lo camiño, cada día máis estreito e cercano á cima da montaña, necesitei sempre as lapas da fogueira de persoas coma D. Uxío, que sendo home homilde, culto, poeta sensible, músico do corazón, poideran servirme de caiado nise mar de tebras no que desgraciadamente me movo.

Mais hoxe é un día de ledicia para aqueles que sabemos que Vilalba, amosando unha vez máis a súa sensibilidade, rinde un merecídisimo homenaxe a quen, sendo Prelado do Papa, é o seu párroco, o director da Coral e o que faiga falta... e moitas máis cousas que están nas mentes de quen o coñece. Gratitude na que queremos participar os que fumos os seus alumnos no Seminario, e a miña familia.

E quero unirme a tan certeira homenaxe, dicíndolle a tan insigne Vate, que este Rebello, como cariñosamente me chama, sinte verdadeiro orgullo de seguir sendo o seu alumno e que, si me alporizo contra todo aquelo que vexo inxusto, é porque quero o reino de isa verba tan fermosa como escasa: Xustiza. Sei que son difícil de entender, máxime se critico a Iglesia como institución, que tamén o fago. Por exemplo: aínda non pideu perdón pola súa posición na Guerra incivil. Ben sei que vostede non tén poder para elo, pero convirá conmigo que cómpre que as altas xerarquías busquen a concordia. Heille dicir tamén, en confesión pública, que non creo en moitas cousas que me enseñaron ou contaron e que os anos ou a vida trocaron en excepticismo. Pero diso ninguén ten culpa. Rógolle que non se preocupe por mín porque sei que hai que levar a cruz niste mundo de incomprensión e de etiquetas, pero iso cecais fai máis fermoso o via crucis. Poesía da vida, querido Mestre.

Saiba que recordo que os camiños de Deus son inescructables e o meu un deles. Aprendín tamén que Deus escribe con renglós tortos, como dicía Gómez de la Serna e quero que saiba que teño un amigo cura, pasionista en Santa Gema, chamado Cachito, que escribeu un Abecedario de amor. A ver se aprendo algo.

Niste camiño torto, rebello e escollido na procura disa verdade limpa, clara e eterna vou termando de xuntarme con boas persoas, algunas delas presentes no seuhomenaxe. Sinto estar tan lonxe físicamente, pero perto no corazón. Non, D.Uxío, non se preocupe pola miña alma pois sei que teño bós valedores en san Xaime Cabot- o título concédollo eu, pero meréceno Il e o seu colega, aquel D. Enrique Cal Pardo, de tánta influencia na miña vida, ou vostede mesmo. Perdón que non merecerei polos meus méritos, senón pola xenerosidade de vostedes.

Que a ledicia de sentirse tan querido sexa unha aperta tan sincera como agradecida de todos os que o queremos que somos moitos.

Con eterno cariño,
O Rebello.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES