Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirando para o ceo

miércoles, 14 de noviembre de 2007
Tan avanzados, tanto progreso, tanta tecnoloxía, e seguimos a mirar para o ceo por se chove e se solucionan os nosos problemas.

Pode chover unha semana seguida, e xa nos parece que nunca máis vai parar, que imos sair todos nadando, e esta terra nunca poderá ser destino turístico co que chove.

Pode pasar sen chover unha tempada, neste caso van uns meses, e consideramos que somos víctimas do cambio climático, que o clima se está alterando, que agora chove por Baleares e Valencia e non por aquí... E non se forman rogativas nas nosas aldeas porque case non quedan curas, e os labregos que quedan pensan en facer un pozo de barrena en lugar de agardar que sexa a natureza a que veña solucionarnos a falla de auga polo método tradicional de chover a Deus dar.

Algo ten de bo a falta de auga... Nas cidades e pobos puxéronse a aforrar auga dos seus ríos, e Lugo, O Rosal ou Moaña teñen xa reducido o rego dos xardíns co que nalgún caso consúmese o dez por cento menos da cantidade habitual.

A conca do Rio Miño ten activado o Plan Especial de Alerta Eventual de Seca, por primeira vez. E a saber que outras medidas excepcionais nos agardan ata que se abran as comportas do ceo e nos caia un baño de impresión colectivo.

En tanto, miramos para o ceo, como sempre que agardamos solución en temas nos que non temos intervención, sabendo que del nos vai vir solución colectiva, máis cedo ou máis tarde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania