Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Sinódica luz', Cuestión de belleza

lunes, 05 de noviembre de 2018
Comenzamos cos agradecementos: a todos vostedes pola asistencia a esta presentación, á Librería TRAMA por poñer o marco do evento, e aos meus compañeiros de mesa: ao Catedrático de Lingua Galega Xosé Luís Vázquez Somoza, ao xornalista cultural Xulio Xiz, e naturalmente ao autor da obra, Xosé Otero Canto.

Mención especial para o músico que nos acompaña hoxe. David Rodríguez Ramos, e o seu clarinete: a madeira máis fermosa.

Eu falo en nome da Editorial Cuestión de Belleza, adicada exclusivamente á poesía e á 'Sinódica luz', Cuestión de bellezamúsica, en edicións cuidadas e ilustradas con orixinais. Como xa comentei na entrega do premio e presentación en Ourense, sede da Editorial, este era un desexo moi agardado: publicar o noso primeiro libro de poemas en galego, tanto por ser una editora galega como polo histórico prestixio da nosa lingua no mundo da literatura lírica.

Para chegar a este momento convocamos o I Certame de Poesía Galega Editorial Cuestión de Belleza, do que quedamos ben satisfeitos, tanto pola cantidades como pola calidade dos participantes, máis aínda cando pedíamos non menos de 800 versos, unha obra considerable sen dúbida. O gañador foi Xosé Otero Canto: o poeta da Valuria, Catedrático xubilado de Lingua Castelá no Instituto Lucus Augusti desta cidade.

Resultaría pretencioso pola miña banda tentar de presentar a Xosé Otero na sua terra e entre a sua xente, polo que botaréi man dunha cita de Felipe Arias Vilas, arqueólogo aquí presente, do prólogo ao libro Valuria, que retrata nítidamente as facianas do autor: “trátase dun coñecido e recoñecido poeta chairego, pero é moito máis que iso: un escritor prolífico, un argalleiro das palabras, un profesor vocacional, e ademáis un impagable recitador e estupendo orador”

Para falar do libro “Sinódica Luz” serei breve, xa que hai voces ben autorizadas na mesa para desenvolver o seu contido máis polo miudo. Comentaréi tan só o que nos levou a concederlle o noso Premio. Este é o poemario número 13, ou 12+1, de Xosé Otero e trátase dunha orixinal e prismática ollada as luces máis íntimas do ser humano: as Emocións (alteración do ánimo, intensa e pasaxeira, agradable ou penosa, que vai acompañada de certa conmoción somática). Todos recoñocemos ese síndrome que pasou á historia co nome dun dos grandes das Letras: Stendhal.

Xosé Otero consigue este obxetivo descompoñendo esa luz interior, coma un prisma descompón a luz branca. E cada cor é un escintileo nas profundidades da alma, ordenados polo autor en catro Eidos, que van desde o Gozo, a Soidade, o Baleiro e o Desacougo. Camiño que percorre con unha asombrosa e intensa riqueza léxica, que acentúa a profundidade e a rotundidade da sua poesía.

Ademáis da Luz, o poeta arrimóulle un adxetivo, Sinodial, que ven de Sínodo, que ten tamén unha acepción astronómica: conxunción de dous planetas no mesmo grao de eclíptica, que é o camiño que percorre o sol no transcurso dun ano. Estamos pois na fonte cosmolóxica desa luz interior, e é á que fai referencia a ilustradora e coeditora, Pilar Fdez.-Pinedo, nas ilustracións orixináis que tentan iluminar o libro. Xa poden darse conta da tarefa: iluminar a luz!

Pero como non hai luz sen sombras, o extremo contraste ven na segunda parte do libro, cando o poeta vainos a laminar contra a Escuridade exterior, que él chama con moito acerto Mar Global. Trátase dunha diatriba furibunda, socialmente comprometida, eu diría que indignada, contra os moitos males sociais que nos asolagan: inxustiza, noxo, vergoña, corrupción...

É pois unha obra de luces e sombras, en forte contraste de branco e negro: en suma unha Beleza Global.

Remato cunhas palabras do xornalista Juan Cruz, tomadas do título dun dos seus libros, Oficio de Tolos. Bendita tolemia que me permite coñecer e aprender de xente, de poetas, como Xosé Otero Canto, a quen lle volvo a dar as grazas e os meus parabéns.

(Palabras do director da editorial "Cuestión de belleza", na Galería Trama de Lugo, o 23-10-2018, na presentación do libro "Sinódica luz" de Xosé Otero Canto).
R. Camba, Arturo
R. Camba, Arturo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES