Chorabas raíña, chorabas amor
viñeches coa neve naquel triste día,
choraban meus ollos e o meu corazón
marchaba túa nai ao vires, María.
De nena ollabas dende o porto ao mar,
loitando nel eu,
bicos e apertas ao verme chegar,
voltaba coa miña pequena.
Enmeigábame verte xogando na leira,
brincando na fonte, cantando no lar,
branquiña de pel, cabeciña loira,
azuis os teus ollos, azuis coma o mar.
Medrabas axiña, xa eras muller,
esvelta e belida como a túa nai,
chamoute a paixón, amabas a alguén,
o amor arredoute de onde o teu pai.
Inmensa ledicia no meu corazón,
de branco vestida, eras deusa, raíña,
tristura ao marchares!
De novo o señor envía unha vida, de novo neniña.
Chorabas raíña, no teu corpo a dor,
íaste co frío nunha tristeira noite,
choraban meus ollos e meu corazón,
ías coa nai. Boa viaxe, meu amor.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora