Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 02 de noviembre de 2018
Nunha viñeta, todo un artigo

Empezo a ser un fanático das viñetas, dos ilustradores ou deseñadores ou humoristas ou debuxantes gráficos. Cunha simple frase ou con catro ou cinco palabras e un pequeno debuxo, deixan todo un relato, todo un artigo, incluso toda unha noticia. “O Pingas de Orballoespañol é un idioma vivo que segue creando palabras novas, pero en inglés, naturalmente”. Eu mesmo, intentando escribir máis dun relato sobre a invasión do inglés no idioma castelán, e chega El Roto (Andrés Rabago García) e con esa simple frase déixame en ridículo. Eu, necesitando varios escritos para criticar a Galicia Bilingüe polo temor que eles teñen de que o castelán está en perigo de extinción ante o galego, e eu poñéndolle de exemplo o inglés comendo ó galego e ó castelán; mentres que El Roto con catro palabriñas de nada sentenciou a realidade. Só para o castelán, pero podía moi perfectamente dicir o mesmo para o galego, ou mellor aínda, para os dous xuntos. O Carrabouxo (Xosé Lois González Váquez) cun pequeno xogo de palabras conta toda unha noticia que, ó mellor, ocupou unha páxina enteira dun xornal. Forges (Antonio Fraguas de Pablo) co seu costumismo e modismos léxicos resumía todo un país. Ou Luis Dávila, co que escacho coa risa a causa da súa espectacular linguaxe. Ás veces, cunha viñeta les todo un xornal.

Pegarse como a la de gato

Cando Landelina Corbacho Terra viu na distancia á súa amiga Macarena Beata Diosdado, marchou correndo cara a ela para preguntarlle por Narcisa, a filla do Sacho Redondo. “Hoxe non a vin nada, contestoulle Macarena; e mira que sempre a vexo con Zanín, que Pingas de Orballose lle pega como a la de gato”. De todos é sabido que Narcisa e Zanín son incluso algo máis que uña e carne. Desde cativos andaron sempre xunto. Buscaba máis Narcisa a Zanín que este a aquela. De aí que moitos dixesen que se lle pegaba como a la de gato. Narcisa Servo Noia quizais fose a máis guapa da vila e da toda a contorna. Claro que para iso xa os seus pais Abdón Servo Iglesias, O Sacho Redondo, e Oballa Noia Falada, A Pala Cuadrada, eran guapos, pero guapos (os dous, non hai por que negalo). E Zanín tamén era un bo mozo. Sobre este ninguén sabía a quen saíra, porque Zanín, O de Fóra, aparecera un día pola vila sendo mesmo un rapaciño e, aínda que lle preguntaban, el dicía que non sabía dos seus pais, que desde que tiña uso de razón só coñecía unha carballeira que había polas Costelas. Tampouco ninguén sabía onde estaban esas Costelas. Á xente, ós homes principalmente, quen máis lles importaba era Narcisa e por moito que se lle pegara a Zanín como a la de gato. Era moi guapa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES