Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camposantos que son Museos

jueves, 01 de noviembre de 2018
Coa chegada do un de novembro, con motivo da celebración do día de Defuntos, os cementerios galegos énchense de flores. Aínda que a data exprica as perigrinacións masivas aos camposantos galegos e do resto do país, o certo é que unha visita cultural está xustificada o resto do ano. En Galicia hai necrópolis que merecen ser consideradas como auténticos museos. Como exemplo, o lugar de descanso de persoeiros da cultura galega como Rosalía de Castro. Os restos da escritora descansan no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonanval, en Santiago. Tamén alí repousan os restos do xornalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas e o pensador Domingo Fontán. Na capela contigua está a sepultura do escritor galeguista Alfonso R. Castelao.

No cemiterio de Boisaca decansa o tamén ilustre Ramón María del Valle Inclán. No cemiterio de San Amaro de A Coruña descansan os restos de Eduardo Pondal, Juana de Vega, o fundador da editorial Nós, Ángel Casal; o profesor de modelado de Picasso, Isidro Brocos, un dos líderes do Rexurdimento galego, Manuel Curros Enríquez ou Luís Seoane entre outros ilustres persoeiros. No camposanto de San Francisco de Ourense, declarado de interese cultural, pódense contemplar as tumbas de intelectuais como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Ben-Cho-Sey ou José Ángel Valente. Outros ilustres galegos como Álvaro Cunqueiro, Pascual Veiga, Leiras Pulpeiro ou Pacheco atópanse no fermoso camposanto de Mondoñedo.

No cemiterio de San Froilán de Lugo, incluido na Asociación de Cemiterios Significativos de Europa, atópanse os restos dos poetas Luís Pimenel e Uxío Novoneyra, o escritor Ánxel Fole e músico Gustavo Freire, ademais do filósofo Celestino Fernández de la Vega.

Por outra banda, desde o ano 2002, no cemiterio de Adina, en Iria Flavia, Padrón, decansa o Nobel de Literatura Camilo José Cela e no camposanto de San Salvador de Serantes en Ferrol, fano os restos de Gonzalo Torrente Ballester.

No camposanto da miña terra chantadesa atópanse os restos do pintor e escritor Ánxel Gómez Montero, o poeta e traductor Avelino Gómez Ledo e o historiador Luís Campo Fernández, entre outros.

Resaltaría tamén outros camposantos galegos como o cemiterio de “los ingleses” en Camariñas, o do “Fin do Mundo”, en Fisterra, o de Santa Mariña a Nova, en Noia, ou o de Santa Marina de Dozo en Cambados, abandonado e sen uso desde o século XIX.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES