Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Partido ata forrarse

miércoles, 07 de noviembre de 2018
Quen me le habitualmente sabe da miña debilidade confesa por Paco Ibáñez.

Unha das cancións que máis me emociona é sen dúbida “la poesía es un arma cargada de futuro” de Gabriel Celaya. Hai tempo Paco decidiu actualizar un verso desta canción onde o autor dicía “maldigo la poesía de quién no toma partido, partido hasta mancharse”. Paco Ibáñez decidiu cantar “maldigo la poesía de quién toma partido, partido hasta forrarse”.

Cada vez este cambio poético materialízase máis nun periodismo que se converteu en súbdito do poder. Neste sentido, vivimos tempos en que a información é un medio de manipulación que lle permite ao poder económico poñer e quitar gobernos. Trátase dun círculo vicioso que se retroalimenta mutuamente producindo sustanciosos dividendos.

Quen paga todo isto? Os de sempre: o pobo, sobre o que se dicide unha austeridade nunca practicada a nivel persoal. Internet é o único lugar ceibe, o lugar onde a diversidade ideolóxica atopa unha acollida plena pero todos sabemos que a accesibilidade a internet no é total e que existe un amplo sector da poboación preso dos medios manipulados. A esta democracia fáltalle un pensamento crítico que obrigue aos poderes fácticos a ter altura moral.

De novo, é a evocación a que debe construír unha xeración que non comulgue con rodas de muíño e busque a verdade máis alá de todas as perspectivas. Só así conseguiremos que tomar partido volva a ser algo positivo, como cando Celaya escribiu este poema que permanecerá para sempre como un exemplo de que a liberdade se constrúe constantemente e de que precisa ser protexida como un ben imprescindible para todas as xeracións.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES