Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 31 de octubre de 2018
O boureo dun foguete

Lana Cachaldora Suárez ten a cara lavada e o pelo recollido nun moño. Lana Cachaldora contempla a paisaxe desde a distancia. Está sentada no alto de Sudalomba e a súa ollada tira cara á Tapada dos Ferreiros. Soña con aquel tempo no que, un día, Pingas de Orballobañándose no río de Tioira atopouse de fronte co seu príncipe azul. O seu príncipe azul ensinoulle un sorriso e para Lana xa foi como o boureo dun foguete. Non o volveu ver máis. Ó seu príncipe azul. Pero non hai un día no que non nade na imaxe que debuxou durante tan só uns segundos. Lana Cachaldora Suárez é filla de Oalla Suárez, A Retorcida, e de Xacinto Cachaldora, O Dereito. É filla única. Ten 20 anos. É guapa, moi guapa. Dinllo todos e ela sábeo ben. Por iso non entende, aínda non asimilou que o seu príncipe azul lle ensinara tan só un sorriso e desaparecera. Desde aquel día sobe unha e mil veces ó alto de Sudalomba para contemplar a Tapada dos Ferreiros. Confía en que algunha vez volva asomar o seu príncipe azul, aínda que só sexa no título do conto. A filla da Retorcida e do Dereito deixa escapar unha bágoa, só unha, polo seu ollo esquerdo. Desfai o moño, solta o pelo e este bambea ó vento. Ela, Lana Cachaldora Suñarez, ergue e baixa o outeiro en silencio.

Tocan a dó no Ribeiro

Empezan a tocar a dó as campás do Ribeiro. A dó é un son triste, moi triste. Hai moito que tocan, pero... non sei, ó mellor o ruído do Miño ou o que fose non nos deixaba escoitar ben. Ou nós mesmos non queriamos escoitar ese son. Pero agora si, agora xa todo o mundo se decata de que os campanarios do Ribeiro choran pola Pingas de Orballoviticultura. Parece ser que a falta de relevo xeracional ameaza o sector vitivinícola. Ese é o gran titular dos xornais. Nos subtítulos, non obstante, a culpa é dos dous anos de baixa produción, do prezo da uva e das dificultades parcelarias, que son as que realmente afastan á xente nova. Estas si, estas son máis ameazantes que o relevo xeracional. A xuventude e calquera persoa racional non se mete en algo se ve que non hai futuro. E máis cousas. Como vivir angustiado todos os anos porque en calquera momento a bodega na que estás che di de súpeto que non che colle as uvas. E dálle grazas a Deus se cho comunica con meses de antelación para que busques outras. Un ano, a un servidor, comunicáronllo ós oito ou dez días de vendimar. Certo que tiven a sorte que me aceptou unha bodega. Sorte? Tiven que meter a esa bodega en mans de avogados para cobrar o ano 2015! Ós tres anos! Estou farto de que me doa a cabeza. Aí queda case unha hectárea de produción.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES