Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Canta hipocresía ten o ser humano

lunes, 12 de noviembre de 2007
Algúns xornais apareceron esta mañá do domingo día 11 de novembro con algúns titulares. Titulares moi sesgados. O que máis me chamou a atención foi este: “Don Juan Carlos, en un hecho sin precedentes, se va de la Cumbre en señal de protesta por las acusaciones a España”. Coido que Chávez e Ortega non se meteu co pobo español, o que si foi chamarlle as cousas polo seu nome, como dixo Chávez: “Con la verdad ni ofendo, ni temo”. Dixo en alto o que moitos españois pensamos do escritor e “conferenciante” Sr. Aznar.

A situación colonial que viviron estes países perpetúase hoxe a través da empresas estranxeiras privadas, que en xeral son cuasi-estatais nos seus países de orixe. Teñen todo o dereito do mundo a indagar as causas tanto internas como externas que levaron a momentos como os do ano 2001, e a denuncialas. E isto non impide asumir a responsabilidade de construír o futuro de Iberoamerica. Pregunto, como é que os principais países que sostén a democratización o mundo e a liberdade de mercado teñen culto a monarquías que ninguén elixiu.

Eses países teñen que sacar de enriba todo tipo de xugos. Non os van aceptar aínda que vaian disfrazados de Repsol, Telefónica, Fenosa, BBVA... Penso que non faltan ao respecto describindo a realidade deses países, aínda que se ofenda o Rei, Zapatero ou o “Que asou a manteca”.

Aquí descubriuse aos detentadores do poder mundial, España incluída, como os seus xerentes odian o ser desenmascarados. A verdade é que, España no foi unha ponte para Iberoamérica como dicía Felipe González naqueles tempos do seu goberno, senón un trampolín para as empresas máis fortes. Empresas que eran públicas e logo privatizadas polo goberno socialista daquel entón. Estas empresas pasaron a dominar e explotar boa parte da economía americana, o de Nicaragua foi sangrante, así o dicía o seu presidente Ortega, que foi cando o Rei se marchou do cumio.

Na actualidade aquel experimento neoliberal está fracasado e marchan nun camiño de mercado común interno blindado e recuperando ese terreo que tiñan esas empresas estranxeiras. Queira ou non queira España e outros países de Occidente, foi o que votaron oito países daquel continente, e hai que respectalo, e se non se respecta ten que saír algún mandatario a dicir catro verdades como as que dixo Chávez.

Esta é a nova configuración deses países americanos. Ni “madre patria” nin “país irmán”, nin “farrapos de gaitas”. Coido que o Rei actuou desde unha perspectiva de país colonialista como nos tempos da España onde non se poñía o sol. A min non me ofendeu o Sr. Chávez nin Ortega como español e galego que son. Dixo nin máis nin menos dun ex-presidente o que se merece. ¿É que este ex mentiroso (armas de destrucción masiva) ten todo o dereito, e ninguén se racha as vestiduras, cando en algúns foros de Iberoamerica insulta e pon a caer dun burro a Chávez?. O Rei coido que non lle chamou a atención en ningún intre neste eido.

O Rei tiña que saber que non estaba xogando na súa casa e que non é un xefe de estado elixido democraticamente, como todos os que estaban ali, inclusive facendo un desaire ao pobo chileno ao non se quedar nin a escoitar o himno de Chile, ese himno que fai pouco lle trocaron a letra onde se canta aquilo de: "A rabia do Rei español" en referencia a Fernando VII.

Agora algúns medios de comunicación españois ao servicio dese neoliberalismo salvaxe, comezan a quentarlle a cabeza ao persoal, terxiversando, falando de patriotismo e moitas caralladas máis. Non defenden aos españois (iso é unha falacia), están a defender certos intereses bastardos.

Fomos a crear ventos nos anos 2000 a ese Continente e non ten que estrañar que recibamos treboadas. Todo o demais son patriotismos de salón e hipocresías.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES