Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aquela Primeira pedra..!

lunes, 29 de octubre de 2018
A colocación de primeiras pedras anunciando o comezo de obras de interese público, é vella práctica nos políticos, pois trátase dunha das argucias mais demagóxicas, para amosar ós cidadáns a eficacia na xestión; e que polo tanto, non se arrisque votando a listas contrarias, en vindeiras eleccións.

Estas actuacións, cun obxetivo claradamente electoralista;compañeiras de viaxe doutras formas semellantes, danse na efervescencia da loita polo poder que se persegue polo entramado político que, cada catro anos, da á cidadanía, a oportunidade de elexir,aos que os van a defraudar, como alguén dixera.

Confesamos o noso vello rexeitamento a tales usos; actitude que permañece en nós dende que ,sendo moi rapaz, e non en tempos democráticos precisamente, vivimos a experiencia da solemne colocación de primeira pedra, que resultaría frustrante para unha mente infantil que, dada a súa bisoñez, iñoraba o embuste da crase política; nunca apareceo a segunda pedra do que en teoría, se inauguraban as obras do edificio para Casa do Concello e Xulgado.

O acto revestira a parafernalia do Réxime, e foi acaso o que deslumbrou a aquel rapaciño que asistía atónito, coma tódolos pícaros das escolas,á xuntanza de tanto político, militar, relixoso, civil… moitos con uniforme,do que penduraban certas medallas.¡Nunca tal vira…!

A acta do acontecemento dí: “ En la villa de Foz, a 15-noviembre-1945; reunidos, bajo la presidencia del Exmo. Sr. Gobernador Civil, don Santiago Vallejo; el Excmo. y Rvdmo. Sr.Obispo de la Diócesis de Oviedo, don Benjamín de Arriba y Castro; Ilmo. Sr. Delegado de Trabajo, don Joaquín Perejón; Delegado Provincial de Sindicatos, don Eduardo García; Sr. Alcalde, don Francisco Maañón; Juez Comarcal, don Benito Alonso; Sr. Cura Párroco, don Atilano Novo y demás autoridades eclesiásticas, civiles y militares; con gran concurrencia de público y mi asistencia, el secretario de este ayuntamiento, se procedió a la solemne bendición de la primera piedra del edificio Casa Consistorial y Juzgado Comarcal, procediéndose por el Exmo. Sr. Gobernador a su colocación en el solar, en la Avda. Alférez Segundo Vázquez. Con la voz de “iFranco, Franco, Franco!; iArriba España!, que pronunció el Gobernador Civil , contestada con entusiasmo por el público, finalizó el acto.”

Nunca mais se soubo do edificio programado; o recordo da frustración infantil permañeceo na nosa memoria; a tal punto que pasados anos, rematado o bacherelato, aos imberbes dazasete anos que iniciamos a nosa andaina escribindo nos xornais, un dos primeiros artigos que asinamos titulábase: “¡PRIMEIRAS PEDRAS…NON!..”

Ditosamente, no espazo que ía para Casa Consistorial ; tempo mais tarde, levantouse o que hoxendía coñecemos por Colexo Público nº 1. De tódolos xeitos ,e ben mirado, deixando de lado cuestións de pura estética, a penas mudaron certos modos e maneiras.…

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES