Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bañista, metalúrxico, político e preso

lunes, 29 de octubre de 2018
De todos é sabido que no balneario de Baños de Molgas a maiores de curar os males, este, antigamente, acollía a membros de posicións altas, ben fosen políticas, sociais, culturais e demais. Por aí pasaron reis e ministros e duques e condes e médicos e filósofos. Por aí pasou tamén Justo Martínez Amutio, que a maiores de ser un simple metalúrxico e mecánico, ademais foi un gran político español.

Este bañista (hai que lembrar que en Baños de Molgas, a todo aquel que vai tomar as súas augas termais, chamámoslles bañistas) nacera o 18 de outubro de 1896 en Rincón de Soto, na provincia da Rioxa. Marchou para Bilbao moi novo, aí ós 16 anos, e foi xa aí onde iniciou as súas actividades profesionais na rama da metalurxia; obtivo o título de perito industrial e posteriormente o de proxectista.

No ano 14 afiliouse á UXT e ás Xuventudes Socialistas de Bilbao. Ingresou no PSOE o 18 de outubro de 1920, xusto ó cumprir ós 24 anos. O Gobernador civil-militar de San Sebastián desterrouno pola súa actuación sindical e política. Trasladou a súa residencia a Valencia, e alí foi secretario xeral da Federación Socialista. E foi compromisario por esa provincia para a elección do Presidente da República, don Manuel Azaña.

Durante a Guerra Civil foi Gobernador Civil de Albacete, máis en concreto, desde o 19 de decembro de 1936 ata o 13 de xullo de 1937. Tan axiña como rematou a Guerra, as autoridades franquistas detivérono e encarcerárono. Decontado o puxeron en liberdade, pero Justo Martínez como seguía erre que erre coas actividades políticas clandestinas (baixo os nomes de Perico, Soto, O Levantino e O Alicantino), levárono a prisión outras tres veces máis, “polos seus antecedentes políticos marxistas desde antes do 18 de xullo de 1936, e non propoñerse en ningún momento, peses ás súas actuacións excepcionais como Gobernador Civil `roxo´, axudar a servir á Causa Nacional, senón, pola contra, consolidar e prestixiar ó réxime marxista evitando asasinatos, `sacas´ de presos e desmandos”.

En 1974 ganou o II Premio Larra de literatura co libro “Chantaxe a un pobo”, que lle causou problemas dentro do propio PSOE, porque tal premio seica estaba promovido polo franquista Ricardo de La Cierva. Restablecida a democracia elixírono senador nas eleccións xerais de 1977 e estivo dous anos no cargo. Morreu en Valencia o 29 de maio de 1983, ós 86 anos de idade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania