Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mercado libre nuclear

lunes, 29 de octubre de 2018
Mercado libre nuclear A recente decisión do presidente Donald Trump de suspender o tratado sobre Mísiles de Alcance Medio e Corto (INF) subscrito en 1987 entre EUA e a entón URSS abre a veda para retomar a carreira de proliferación nuclear sen ataduras, que varios aspirantes a potencia nuclear ansían desde fai décadas. Por contraproducente, Trump semella sumir ao mundo ante unha renovación da confrontación bipolar cunha Rusia hoxe mais fortalecida e decidida.

Pero esta decisión non é só dirixida contra Moscova. Se ben as análises céntranse nas expectativas de Trump por dinamitar o sistema internacional vixente desde o final da II Guerra Mundial, da guerra fría e da posguerra fría trala disolución da URSS, a súa decisión evidencia aínda mais a incongruencia dunha política exterior carente de sentido estratéxico.

Ábrese así un leitmotiv para a proliferación nuclear na que países considerados como “foraxidos” por Washington, como son os casos de Corea del Norte e Irán, poden sacar partido. Pero tamén para aspirantes a potencia nuclear, como Israel e Arabia Saudita, sen menoscabar o risco estratéxico que implicaría esta decisión dentro do conflito xeopolítico entre dúas potencias nucleares como India e Paquistán.

Pero os cálculos céntranse agora en Washington e Moscova. Para Rusia, o asunto é capital, e pode xustificar con maior énfase os plans de modernización militar que adianta o presidente Vladimir Putin. O conflito de Ucraína e o retorno de Crimea á soberanía rusa reproduciron dalgún xeito un novo “pano de aceiro” no que EUA, a OTAN e Rusia xogan as súas cartas xeopolíticas nunha Europa desunida e ausente. E para Rusia ábrese agora unha oportunidade chave para reestruturar o equilibrio nuclear con outras potencias (China, India, Irán) deixando por fora a Washington.

Trump tamén pensa en chave electoral. As estratéxicas eleccións do mid-term pautadas para o próximo 6 de novembro renovarán a totalidade do Congreso estadounidense e un terzo do Senado, abrindo así as expectativas de reelección “trumpiana” para 2020. Romper o equilibrio nuclear con Rusia semella ser o efecto desexado por Trump tanto para compracer aos “falcóns” do Pentágono como para sepultar calquera implicación da presunta trama rusa nas eleccións presidenciais 2016.
Mansilla Blanco, Roberto
Mansilla Blanco, Roberto


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES