Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sufraxio universal UNIVERSAL

miércoles, 31 de octubre de 2018
A semana pasada o Congreso aprobou unha reforma da Loreg para que as persoas con diversidade funcional intelectual poidan acceder ao seu dereito ao voto. A verdade, sorprendeume a nova, xa que pensei que este aspecto xa estaba conseguido. En cambio, ao enterarme decidín indagar nos argumentos en contra da medida que practicamente foi aprobada por unanimidade. Sendo sincero, paréceme absurdo argumentar que o voto da diversidade funcional intelectual é manipulable; sobre todo, paréceme ter moi pouca memoria histórica. Os que somos do rural sabemos o que significa ser “carreteiro”. Sabemos, tamén, cal era a súa función e para quen a facía…

Argumentar a manipulación para negar un dereito é sinxelamente unha estupidez supina. Cabe recordar que no ano 1931 cando se debateu o sufraxio feminino que tan ben defendeu Clara Campoamor, tamén se utilizou o argumento de que era o voto do confesionario. A realidade foi demostrando que non era así e a muller foi gañando un espazo que non so mellorou a súa situación senón que supuxo unha punta de lanza para o avance social. Hai que dicir que novamente é unha muller a que abandeira a loita polo dereito ao voto das persoas con diversidade funcional intelectual. Nesta ocasión, Mara, apoiada pola súa familia, decidiu dala cara por un dereito que quere exercer. Realmente, xa o exercera pero foi privada do mesmo cando os seus pais pediron a patria potestade.

O voto das persoas con diversidade funcional intelectual non é nin máis nin menos manipulable que o resto dos votos ou que outros colectivos tamén vulnerables a dita manipulación. De todas formas, se queremos reducirlle campo á manipulación, cabe recordar que ademais recuperouse por unanimidade a materia de filosofía que supón unha invitación ao pensamento crítico e, consecuentemente, á construción crítica da realidade. Quizais, a realidade merece ser unha materia que nos acompañe ao longo da nosa vida educativa, medrando con nós e interactuando ata darnos conta que somos nós os que a moldeamos. Así aseguraríamos un voto crítico que esixiría por si mesmo universalidade.

De momento, imos saborear esta vitoria unánime (a pesar de certas enmendas) que lle dá un sopro de aire fresco a nosa democracia, acercándonos a unha realidade máis inclusiva.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania