Excelentísimos e Ilustrísimos Señores
Editorial - lunes, 12 de noviembre de 2007
Antes, no franquismo por exemplo e aínda moitos anos despois, a Administración estaba cargada de pomposidades tales como Deus garde á Vosa Ilustrísima moitos anos, É canto a honra de espoñer, Outrosi digo... e naturalmente os altos cargos tiñan tratamentos de Excelentísimos e Ilustrísimos señores que debían figurar en cada comunicación a eles dirixida.
Podía un equivocarse tirando hacia arriba e chamarlle Excelentísimo a un Ilustrísimo, que non pasaba nada. Pero baixar de categoría a alguén podía ocasionar un problema.
Na Administración estaba moi claro. Os Alcaldes eran Usía, excepto os do Concello que estivese calificado de Excelentísimo. Entón, o Alcalde era Ilustrísimo Sr. Alcalde do Excelentísimo Concello".
Só había dúas excepcións: Madrid e Barcelona, que pola excepcional categoría dos concellos tiñan os seus alcaldes tratamento igual ca un Ministro: Excelentísimo Señor.
Todas esas vanidades desapareceron da Administración, e hoxe xa non son ilustrísimos por principio os delegados provinciais ou directores xerais nin excelentísimos os Conselleiros, aínda que a título particular o merezan ben deles.
Pero a cousa non rexe co Concello de Vigo, que a saber con arreglo a que lexislación- ven de nomear primeiro e único Tenente de Alcalde da Corporación a Santiago Domínguez Olveira, con tratamento de Ilustrísimo, reservando o de Excelentísimo para o Alcalde, Abel Caballero.
Seguro que é cousa dos pactos de goberno, que o complican todo. Ou pode ser que os vellos costumes nunca morren de todo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora