Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paradoxas da vida

jueves, 25 de octubre de 2018
Hai que velo, para crelo.
¡Que diferentes somos as persoas!
Hai persoas que serían felices co que lle sobra a outras.
Hai persoas que teñen pouco e son felices.
Hainas que teñen de todo e non lles chega.
¿Cómo se explica esto?

Moito me parece que debe ter unha moi difícil explicación.
Parécemo porque nin os mesmos psiquiatras lle dan posto remedio.

Hai persoas enfermas ou anciás ou ámbalas dúas cousas que sofren caladiñamente os seus problemas e dan o menos traballo e sufrimento posible ás que están no seu entorno.
Estas persoas son unhas benditas:
-Saben acepta-las súas limitacións.
-Déixanse coidar.
-Déixanse querer.
-Non acaparan a atención do resto.
-Non son egoístas.
-Agradecen canto se fai por elas.
-Están de bo humor dentro do que as circunstancias lle lo permiten.
-Saben estar, incluso na enfermidade e na ancianidade.
-Saben estar na casa.
-Saben estar no hospital.
-Saben estar no vecindario.
-Saben estar.

ESTÁ CLARO QUE SABER ESTAR É ALGO DE SUMA IMPORTANCIA.
Posiblemente, ou case seguro, que este tipo de persoas xa souberon estar cando gozaban de boa saúde.
Ben seguro que si.

Tamén existe outro tipo de persoas ben diferente.
Tendo todo o que precisan e máis:
-Son acaparadoras a máis non poder.
-Nunca se senten satisfeitas co que se fai por elas.
-Absorben as enerxías de cantos as rodean.
-Séntense mal elas e fan sentir mal ós coidadores.
-Sofren porque pensan que non lles prestan as atencións que merecen, e fran sufrir ás que se desviven por telas contentas.
-Van de víctimas cando as verdadeiras víctimas son as persoas coidadoras.
A medicina di que non hai razóns que xustifiquen o seu malestar, pero elas: “erre que erre”.

Un martirio constante e innecesario para todos.
Ben seguro que este tipo de persoas xa foron acaparadoras, mimosas e consentidas ó longo da súa vida.
Ben seguro que as persoas que as sobreprotexeron ó longo da toda a vida non eran conscientes de que chegaría o día que lles pasarían a factura correspondente.
En fin…

Non sei se é unha maneira de ser ou se é froito dunha educación equivocada.
Non sei ata que punto é unha verdadeira enfermidade ou un verdadeiro capricho.
Non sei.
A vida, ou é moi complicada ou a facemos moi complicada.
Tampouco sei onde está o límite.
O QUE SI SEI É QUE UNHA BO EDUCACIÓN PODE EVITAR MOITOS PROBLEMAS.

Tamén sei que hoxe en día HAI MOITAS FAMILIAS QUE ESTÁN MOI EQUIVOCADAS Á HORA DE DUCAR ÓS SEUS DESCENDENTES.
Sobreprotéxenos demasiado.
Non os preparan para os problemas de lles vai presentar a vida:
-Danlles unha vida fácil en exceso.
-Queren que sexan felices e non os educan para selo.

En fin, estamos en tempos revoltos, moi revoltos, ó meu humilde parecer.
A ver en que queda todo esto.

“TEMPOS REVOLTOS”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a cantas persoas saben ocupar o seu lugar.
Se non poden dar moita felicidade ós que as rodean: polo menos que dean os menos problemas posibles.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES