Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Mellor... ¡Caladiños!

domingo, 11 de noviembre de 2007
Para non espallar as súas vergoñas e escandalizarnos a todos. A nenos e adultos.A maioría das persoas deste País está farta de tanto ollar/escoitar aos políticos nesa absurda e mesmo obscena liorta. A obriga, tanto dos que gobernan coma dos da oposición, é servir ao pobo que os elixiu. E reina un gran cansazo xeneralizado ante o descarado insulto dos nosos políticos.  

¡Calen, por favor! Teñan dignidade e vergoña e un mínimo de respecto aos demais. Serenen os ánimos e as arroutadas que os empurran aos insultos e á mentira. O que primeiro cale será o gañador. No canto de se ofender e insultar, póñanse a pensar, a reflexionar, a mirarse de fronte. Así poderán reconducir os comportamentos. Tanto a escala individual como colectiva.
 
A cotío, os que máis berran e insultan non son os que máis razón e verdade teñen. Son os menos obxectivos e cribles. Amósano, día e noite, varios medios de comunicación que espallan esa descarada loita e que lograron emporcarse eles mesmos neses vergoñentos lodos que enchoupan aos dous partidos maioritarios. Tamén a parte da Igrexa que mantén o poder (e aos insultadores da COPE) cando debería ser a auténtica mestra da convivencia e o diálogo, e está a ser “pedra de escándalo” para moitos dos seus fieis e para a sociedade en xeral.  

Dedíquense a gobernar, a repartir a riqueza de todos (bens/traballo) con xustiza. Do contrario, uns e outros, quedaranse illados e afogados nas súas propias miserias. Serán os responsables (e terán que dar conta) do futuro deste sufrido País.E....¡calen xa, dunha vez, por favor!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania