Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

V Séculos de Nós/ Frescos dos Vilares

miércoles, 24 de octubre de 2018
#SalvemosOsFrescosDosVilares

3 paneis de 70x100 están xa colocados na Igrexa dos Vilares. Dous na pranta alta ao fondo e outro nun lateral no frente. Deseñados pola artista Viki Rivadulla, serán a imaxe da campaña de Crowfunding que iniciaremos en febreiro para conseguir que sexan os frescos restaurados os verdadeiros protagonistas da igrexa conxuntamente co resto de elementos patrimoniais de grande riqueza. Mentras, é importante sensibilizar sobre a importância destas pinturas e evitar a súa desaparición.
V Séculos de Nós/ Frescos dos Vilares
Oscar Santiago, párroco dos Vilares, facilitou a súa colocación no templo e manifestou o apoio económico para a campaña coa contribución da recadación da próxima Romaría dos Desamparados, pola Pascua. Os Vilares, lareira de soños, editará folletos, gravará un spot, realizará unhas xornadas con especialistas en patrimonio e fará actos públicos divulgativos entre outras iniciativas para salvar "in extremis" as pinturas do Mestre de Parga de máis de 500 anos de antigüidade en serio risco de desaparición.

Despois de 26 anos do seu descubrimento e catro da Lareira de soños reclamando infructuosamente a súa restauración diante das diferentes institucións, local, provincial, autonómica e eclesiástica, obrigannos a iniciar unha campaña de Crowfunding que V Séculos de Nós/ Frescos dos Vilares poñeremos en marcha en febreiro para poder evitar a súa desaparición definitiva diante do deterioro provocado polo abandono, humidades e rozaduras que os teñen levado a unha situación que de los. Actuar con urxencia pode chegar a ser irreversibel. Así e todo, seguiremos a trabalhar coa veciñanza e a sociedade civil para resolver o que as administracións non fan.

Entre tod@s, salvarémolos!!!
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES