Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Arcipreste de Hita non tiña espírito salesiano

miércoles, 24 de octubre de 2018
Sempre me gustou e me impactou o xeito co que Juan Ruíz en pleno século XIV nos ofrece unha libérrima visión do mundo. Os seus poemas teñen de todo, incluíndo o sexo que en principio debería estarlle vetado dada a súa condición de sacerdote pero aí está o poema de pitas pallas e a humorística historia que tan ben canta Paco Ibáñez. Ademais, hai outro poema titulado “Lo que puede el dinero” onde fai unha crítica mordaz ao alto clero encabezado polo papa que só actúa cando “oyen que el dinero empieza a retiñir”. O certo é que no poema non lle queda nada por dicir e non deixa quedar ao seu gremio moi ben…

Esta semana ensináronme un vídeo difundido por unha congregación salesiana que nos amosa a diferenza entre a mente dun rico e a mente dun pobre. O material “didáctico” é un despropósito que non ten desperdicio como exemplo paradigmático de todo o antipedagóxico. É unha fonte de exclusión, de rexeitamento á pobreza, de responsabilizar plenamente ao individuo exculpando ao sistema. Cando vexo aberracións deste tipo, síntome de novo remando e remando para acabar caendo na mesma mar. Despois, penso que ten que ser un motivo para loitar con máis forza polos ideais inclusivos e de igualdade de oportunidades e lembro toda a filosofía que en cada concerto difunde Paco Ibáñez a prol da dignidade humana.

Volvendo ao contido do vídeo teño que dicir como coach que non estou para nada de acordo co moralismo que a miúdo recobre a nosa profesión. O primeiro hábito que debe adquirir un coach é o de non xulgar ao que está escoitando. Iso queda para a persoa que contrata o servizo. Polo tanto, se quixeron facer un vídeo promocional sobre crecemento persoal saíulles o tiro pola culata, tendo en conta, ademais, que contradín boa parte da filosofía social da igrexa sobre todo no tocante ao concepto de caridade.

Vendo estas cousas un pensa que o mellor que lle podería pasar a igrexa sería unha reencarnación masiva do espírito de Juan Ruíz que contribuiría a poñer os pés na terra, a considerar o pan, pan e o viño, viño e a rexenerar o vínculo coa realidade social que lle é propia. Visto o visto, se se produce a citada reencarnación, a nova realidade da igrexa non pasará polo espírito salesiano.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES