Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O primeiro mar

lunes, 22 de octubre de 2018
Por diversos motivos, sabemos de persoas que, sen ser nativas de Foz, foi aquí onde por primeira vez ollaron o mar… Así o proclamaba, por exempro, o escritor Carlos G. Reigosa cando hai uns anos pregoaba as festas patronais de San Lourenzo; engadíndo que fora tamén na nosa vila onde asistira á primeira sesión de cine e que, por primeira vez, falara por teléfono.

En tempos da súa nenez Carlos, na compaña dos seus país, pasou na nosa beiramar, hospedados en casa de coñecida familia focega, varios agostos; vivencias e lembranzas que aínda na actualidade, transcurridos tantos anos, atopan lugar nas páxinas das súas exitosas novelas.

Non nos consta que Alvaro Cunqueiro manifestase tal extremo, aínda que temos a sensación de que foi así. O que sí lle escoitamos, foi: “ … para un mindoniense coma mín, o seu mar é o mar de Foz…”. Era 1962 cando o que suscribe, por un casual, asistía á tertulia que a cotío celebraba un grupo de xornalistas e homes de letras na histórica taberna de “Elixio”, de Vigo, onde o autor de “Merlín e Familia” exercía o xornalismo como redactor do “Faro de Vigo”; e foi alí onde o admirado escritor pronunciou estas verbas, das que fumos testemuña, e que tan gratamente nos chegaron ós ouvidos. Sí temos lido e escoitado á tamén mindoniense Marina Mayoral expresarse en idéntico sentido.

No fermoso libro de memorias “O rastro que deixamos”, o seu autor, o exitoso escritor vilalbés Agustín F. Paz, inclue o relato “O primeiro mar”, polo que conta cómo foi en Foz onde tivo a primeira visión do horizonte infindo, mais alá da súa espléndida chaira nativa, e o contacto coa auga mariña.

O pai de Agustín era músico, e tocaba a trompeta na orquestra “Mato”, da capital chairega. Un domingo de 1955 actuaba, en sesión de tarde, nun salón de baile da vila e, dada a proximidade entre ambas localidades e, contando cunha volta á casa relativamente cedo, trouxo consigo ó neno Agustín (8 anos) para que ollase o mar. A actuación foi no “Bahía”, a Sala por entón de actualidade na vila e na bisbarra. O escritor remata o episodio con estas verbas nostálxicas: “ Aquel mar azul escuro; aquela area; aquela auga nas miñas mans; aquel grolo salgado na miña boca, irán sempre na miña memoria asociada a meu pai. O mar de Foz; O MEU PRIMEIRO MAR…

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES