Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día mundial do urbanismo

viernes, 09 de noviembre de 2007
Mais de trinta países de catro continentes celebran o pasado xoves, 8 de novembro, o declarado pola ONU como “Día Mundial do Urbanismo”, efeméride creada en 1949 a instancias do profesor Carlos M. Della Parlera, ex-director do Instituto de Urbanismo da Universidade de Bós Aires, “co fin de defender os intereses públicos e profesionais da planificación urbana”.

O diccionario da Real Academia Española define urbanismo como “o conxunto de coñecementos que se refiren ó estudio da creación, desarrollo, reforma e progreso dos poboados en orde ás necesidades da vida urbana”.

O urbanismo é moito mais que planificar o chan; de feito o diseño das cidades e vilas contribue en gran medida ó noso benestar. En calquera manual que trate do xeito mais elemental a cuestión podemos ler que “os barrios e rúas deben construirse atendendo a uns factores que melloren a calidade de vida das persoas, con rúas amplas, zonas verdes e espacios destinados ó ocio e esparcemento”.

Só é posible con políticas urbanísticas adecuadas, tanto por parte dos concellos como dos gobernos autonómicos. Sen dúbida un urbanismo ordenado, equilibrado e cuidadoso co entorno natural, sen a complicidade destructiva das institucións nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor. Lemos que en Castela-A Mancha é obrigado destinar o 100% do solo público a vivendas protexidas ou equipamentos sociais; o 50% do chan privado destínase a vivendas protexidas.

A relevancia do urbanismo xa se manifestaba nas civilzacións grega e romana: Hipolato de Mileto, arquitecto e filósofo do S. V a. C. está considerado por moitos como o primeiro urbanista da historia; e o mesmo Nerón comportouse como tal cando, tralo incendio de Roma que él mesmo ordeou, fixo construir a cidade sobre un plano distinto do trazado orixinal.

As orixes do tratamento formal en España remóntanse ó I Congreso Nacional de Urbanismo, celebrado en Madrid en 1926, durante a dictadura de Primo de Rivera; os logros do Congreso non foron os esperados porque xa daquela faltou a colaboración dos concellos.

No informe emitido pola Sociedade de Urbanistas dun país americano da órbita do chamado “terceiro mundo” pode lerse. “…también es cuestionable que las autoridades municipales y otras regionales se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios urbanos que con justicia genera la protesta de sus ciudadanos, ello sin considerar los indicios de corrupción… La Sociedad de Urbanistas, también protesta contra el arbitrario manejo de los espacios urbanos… Por otro lado, el ambiental es un tema olvidado… reduciendo la calidad de los recursos turísticos…”. Nestes intres ven á nosa memoria a letra daquela vella habanera: “…pasan las mismas cosas, vidita mía, que aquí en España”.

Ninguén dubida da transcendencia que o urbanismo ten para a sociedade en xeral, e que en boa lóxica debería ser preocupación principal de dirixentes políticos e sociais, mais alá da demagoxia dos discursos, a salvagarda daqueles valores primordiais para a realización das persoas: a posibilidade de dispor de vivenda digna nun entorno saudable para o corpo e tamén para a mente; para a convivencia distendida, sen os agobios da masificación, que permita o disfrute dos bens naturais que son de todos, que por eso mesmo convértense en codiciada presa para unha actividade económica que nos últimos tempos acadou niveis de auténtico escándalo.

Un importante xornal titulaba hai algunhas semanas: “El urbanismo salvaje en España. El mapa de la corrupción urbanística se dibuja cada vez con más casos…”

Día Mundial do Urbanismo. ¿Qué se fai dende as institucións para levar á sociedade a mensaxe, e a concienciación, dun aproveitamento racional e honesto do chan, respectuoso co medio, que teña por fin último o benestar da cidadanía?

Pero tales postulados, ¿a quen interesan?.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES