Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

11.000 emigrantes galegos ó ano

viernes, 09 de noviembre de 2007
Pensabamos que a emigración galega rematara e que Galicia era xa, unicamente, país de inmigración. E non é así.

Certamente xa non somos o país de comezos dos sesenta cando centos e centos de paisanos nosos foron para aquela lonxana Europa proporcionar man de obra barata para unha industria en continuo crecemento.

Agora, a emigración é máis selectiva. E os que se van non son excedentes de man de obra procedentes do campo ou das vilas, senón xente preparada que non atopa aquí un posto de traballo axeitado para a súa formación.

O Consello Galego de Relacións Laborais respalda a cifra, confirmando que cada ano once mil mozos galegos cualificados deixan Galicia para buscar emprego axeitado noutras comunidades hispanas, nunha emigración interior que beneficia a outros territorios, soluciona o problema deses nosos rapaces, pero perxudica a Galicia xa que envellece máis a poboación laboral, e provoca elevados custos de formación que non repercuten no noso cadro laboral.

O Consello recomenda incrementar o investimento en I+D, e mellorar as condicións laborais dos recén titulados como primeiras medidas para loitar contra esta sangría que ten repercusións non só económicas senón especialmente sociais polo desarraigo e frustración que provocan na mocidade galega.

Este é un dos temas que non se soluciona dunha vez para sempre, nin de repente. Pero as autoridades deben tomar boa nota para cortar este mal, grave, que afecta a unha das partes máis sensibles da sociedade deste país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania