Lembranzas do San Lucas
Rodríguez Porto, Ramón - jueves, 18 de octubre de 2018
Unha das primeiras lembranzas que me bolen os miolos son as festas do San Lucas que, raiara o sol ouchovera a chuzos, na compaña do meu avó -sempre a pé- enfilábamos a estrada que leva a Lalín e paseniñamente íamos chegando o cumio do castro de Amarante.
Un San Lucas antigo e con rancio sabor a un pasado máis apertado, pero fondamente vivido e moito máis entrañable. Nesta sembranza mestúranse as sensacións agradables da música, o barullo da xente, a roupa de festa con zapatos de charol co arrecendo do zucre de algodón, as mazás de caramelo, os churros
e moitas cousas que ver.
Aquelas festas dos derradeiros anos sesenta e primeiros setenta, refrexo de tempos difíciles en branco e negro que contrastaba co corido da tómbola de Monforte que xa daquela facía sorteos especiais, ainda que eu nunca tiven a oportunidade de ter un boleto premiado.
Non pode faltar na miña lembranza o pajarito de la suerteque collía un papeliño envolto en forma de tubo iluminando un futuro incerto.
E foi sen dúbida nesta romería do San Lucas onde escomezou a miña ilusión e afición polo teatro, naqueles burdos guiñoles do inolvidable Barriga Verde que comía estopas de liño ardendo, ou mesmo nos espectáculos do Teatro Arxentino, de moita sona naqueles tempos, e que procedían do San Froilán de Lugo. Unhas pezas que eran para maiores, debía ser algo picante. As sillas de madeira e os bancos corridos eran o de menos
a festa ía por dentro.
O que si lembro picante, era o pulpo que saboreábamos man a man meu avó máis eu, de vagar, que el sempre acompañaba dunha xarra de viño.
Os tempos cambiaron, as festas tamén, pero estas son as miñas lembranzas e eu quixera recuperar aquelas formas de divertirse e recrearse na festa, pero sin voltar atrás os tempos.

Rodríguez Porto, Ramón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora