Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 19 de octubre de 2018
O misterio das cruces brancas

Xa levamos uns días nos que o misterio aumenta. E todo o que sexa descoñecido, encántanos. Falo das famosas cruces brancas que empezan a asomar polas estradas ourensás. Ninguén sabe aínda quen as pinta. Uns falan dalgún estudo topográfico, Pingas de Orballooutros de algo relacionado co catastro, hainos que optan incluso polos extraterrestres (ai, oxalá, por Deus!), aínda que eu penso que máis ben será algún palerma, algún paspán que anda coa cruz ás costas e, claro, nos descansos pousará e quedará o sinal. Quéirase que non, hai cruces que pesan moito. Quéirase que non, hai xente que non sabe levar a cruz ás costas. Hai que saber levalas. Non todo consiste en queixarse. Tamén podía ser moi ben o noso señor Xesucristo camiño do monte Calvario, pero quen vai crer iso, se hai xa 2018 anos que morreu, o pobre. Porque iso da resurrección a min non acaba de entrarme. Ou serán cruces inmaculadas? Polo de brancas. A verdade é que o misterio está aí, sobre os camiños ourensáns. Canto mellor iría pintarlle a todas as estradas só que fose unha liña branca polo medio e non esas trapalladas. Unha liña polo medio si é gloria bendita para cando se conduce con néboa. E hai moitos lugares na nosa terra nos que asoma a néboa máis espesa.

Por discordancia

Isto non é vida, díxolle aquel ó outro. E aquel foi e suicidouse. Así, polas bravas. Tirouse da Ponte das Cepas ó río Arnoia. Cando recuperaron o corpo daquel, atoparon unha nota que dicía: “deixo este mundo por discordancia”. Nada máis. O asunto semella unha broma, pero non é tal. A mellor proba é que, o outro, quizais polo impacto da morte daquel, plantouse no medio e medio da vía do ferrocarril, e o tren que viña a Pingas de Orballotodotren desde Poboa de Sanabria ata a estación do Empalme de Ourense, levouno por diante, levouno nun suspiro. Foi un visto non visto. Tamén no peto do pantalón tiña unha nota: “eu non vou ser menos, tamén deixo este mundo por discordancia, que carallo”. Así, categoricamente. Ninguén entendía nada. Ninguén entende nada. E non entenden o dos dous suicidios seguidos, senón as notas en por si. Iso da discordancia ninguén o conseguía asimilar. E ninguén foi quen de dicir nada. Non fora o demo que seguisen o mesmo camiño daquel e do outro. Ás veces o rustrido, o refrito da mente... vai ti saber. Todos os que asistiron ós dous suicidios, por se aquel, e moi disimuladamente, volveron sobre os seus pasos polo camiño que leva ó muíño do Dositeo. Sentaron a tomar algo no bar da estación de Baños de Molgas e sen ningunha discordancia. A ver se...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES