Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un pouco máis de sentidiño

lunes, 15 de octubre de 2018
Non queda outra que admitir que a nova da semana pasada que máis impresionou foi a riada de Sant Llorenç, coas súas 12 vítimas que, máis seguro, aumenten ata 13, porque no momento en que escribo este Recuncho aínda non aparecera o neno ó que estaban buscando desde o primeiro momento. A desgraza e a desolación é enorme.

Un pouco máis de sentidiño
Pero a min houbo un asunto que me fixo renxer un chisco os dentes: a axuda de Nadal. Durante uns días non se falou doutra cousa, do acto solidario do gran Rafa Nadal. A ver, non creo que por botar unha man lle saísen calos nas mans, cando precisamente as terá cheas deles a causa da raqueta que usa para darlle ás pelotas de tenis. Calos e vinchocas. A ninguén lle caen os aneis porque empurren cunha vasoira un pouco de bulleiro. É Rafa Nadal! E que? Acaso non é un veciño?

Pero o peor aínda chegou cando por certas redes sociais asomaban dúas fotos en plan comparativo: unha na que está Nadal apoiado na vasoira que está usando, e a outra na que está Pedro Sánchez conversando cun integrante da UME (Unidade Militar de Emerxencias). Na foto de Nadal, no pé da mesma, hai unha lenda que di: “Cando vas a axudar”. Na foto do presidente do Goberno, a lenda é distinta: “Cando vas para a foto”. As fotos do feisbuq nótanse a leguas que se publicaron coa intención de criticar a Sánchez e de louvar a Nadal.

A ver; sobre a axuda de Nadal falei liñas arriba, e sobre a presenza de Pedro Sánchez... pois en principio non pinta o ridículo collendo unha pala ou unha vasoira como fixera o noso Núñez Feijóo cando collera a mangueiriña de xardín para apagar nos incendios. Iso por un lado; e polo outro: que realmente quen máis lles vai axudar ós habitantes desa localidade será o Goberno español coas axudas que lles distribuirán como zona catastrófica.

A axuda de Nadal é moi bonita, pero a máis necesaria é a das institucións. A de varrer o bulleiro, máis ou menos, podían facelo os propios veciños (tardando, iso si, ó mellor, algo máis de tempo), pero os cartos que se van a poñer para levantar a esa pobre localidade xa sabemos todos de onde saen. Pedro Sánchez pódese dicir que non ara cos meus bois; pero tamén sei que se non fixera acto de presenza poríano a parir de igual maneira. Ás veces debiamos de ser un pouquiño máis serios ou ter algo máis de sentidiño cando se publican esas cousas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES